Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os bolseiros da Fundación Barrié protagonizan un ciclo de espectáculos na Coruña e Vigo
Os bolseiros da Fundación Barrié protagonizan un ciclo de espectáculos na Coruña e Vigo
novembro 7, 2007
Seis espectáculos a cargo de 18 intérpretes e tres artistas visuais, baixo a coordinación musical de Cristina Pato e a coordinación escenográfica de Pilar Alonso, todos eles bolseiros da Fundación Barrié de la Maza compoñen o Ciclo de Becarios da Fundación, que comeza con concertos na sede da Fundación na Coruña hoxe e mañá na sede de Vigo e durará ata o 29 de novembro. Nestes espectáculos soarán obras de compositores contemporáneos no contexto de escenografía especialmente creadas para cada un deles. Esta iniciativa da Fundación Pedro Barrié de la Maza esta vencellada coa celebración do corenta aniversario da súa actividade, xuntando a bolseiros das áreas de interpretación, composición musical e de dirección escenográfica. Os concertos serán de entrada libre ata completar aforo.
Máis información na Fundación Pedro Barrié de la Maza
Tamén che pode interesar:
- 10/ 4/ 2012 | Robert Glasper abre o XVII Ciclo de Jazz da Fundación Barrié
- 20/ 4/ 2009 | A Coruña e Vigo son os escenarios dos concertos de jazz da Fundación Barrié
- 31/ 3/ 2008 | Sete concertos co jazz máis aperturista no ciclo da Fundación Barrié
- 28/ 2/ 2008 | A Fundación Barrié organiza o seu XIII Ciclo de Jazz
- 16/ 3/ 2007 | A Fundación Barrié destina 400.000 euros para contribuír á recuperación do patrimonio cultural