Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O novo disco de Triángulo de Amor Bizarro sae hoxe á rúa cos temas das súas primeiras maquetas

O PASADO DO FUTURO

O novo disco de Triángulo de Amor Bizarro sae hoxe á rúa cos temas das súas primeiras maquetas

INDIE | novembro 13, 2007

not_11019.jpg

O trío coruñés presenta agora o seu segundo disco co selo independente, e tamén de orixe coruñesa, Mushroom Pillow. Aclamados unanimemente pola crítica como un dos grupos revelación do ano tras a publicación do seu primeiro traballo, homónimo do grupo, o grupo paseou os seus directos por todo o país e desde hoxe pon na rúa “El hombre del siglo V”. O novo disco inclúe os temas das súas dúas primeiras maquetas auto traducidas, coas que quedaron semifinalistas dous anos consecutivos no Proxecto Demo, organizado polo Festival Internacional de Benicàssim, ademais de tres temas gravados para a ocasión. Con este cd o grupo ofrece un punto e seguido co que completa a discografía desde os seus inicios ata as máis recentes incorporacións ao repertorio do seu directo.

Triángulo de Amor Bizarro 2
Triángulo de Amor Bizarro 1
VIDEO | Himno de la bala
datos do disco