Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Falcatruada abre unha nova plataforma de promoción musical na rede para os seus discos
Falcatruada abre unha nova plataforma de promoción musical na rede para os seus discos
novembro 8, 2007
A discográfica coruñesa Falcatruada segue a facer da comunicación na rede un dos seus puntos de fortaleza estratéxica. A editora, que presentou recentemente o novo disco de The Homens, pon agora na rede una nova ferramenta de promoción da música dos seus artistas, Clubedixital, un novo espazo na rede no que, de xeito sinxelo, escoitar, descargar e mesmo compartir temas dos seus lanzamentos. No Clubedixital estarán as últimas novidades discográficas, e proverá de accesos á información sobre os artistas, ás novas e á tenda de Falcatruada. O clube inaugúrase hoxe co adianto en primicia das novas cancións de Narf e de Xosé Manuel Budiño, artistas que lanzarán os seus novos traballos discográficos nas vindeiras semanas.
Máis información no Clubedixital
Tamén che pode interesar:
- 22/ 2/ 2008 | Ouvirmos e Falcatruada participarán nun foro musical en Pequín
- 1/ 2/ 2008 | As discográficas galegas voltan do Midem con acordos comerciais
- 19/ 11/ 2007 | Narf reúne no seu segundo disco a experiencia de vinte anos coa guitarra nas costas
- 10/ 5/ 2007 | Edítase o disco coa música do espectáculo Engado
- 11/ 4/ 2007 | Santiago acolle a presentación de “Lonxa cultural”, a primeira distribuidora musical galega