Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O quinteto Xúa presenta o seu primeiro disco editado por Galiza Sons

XúA!

O quinteto Xúa presenta o seu primeiro disco editado por Galiza Sons

FOLK | novembro 14, 2007

not_11031.jpg

Xúa son un quinteto novo no panorama discográfico pero os seus compoñentes son músicos de moita experiencia. Hoxe presentaron no Club Internacional de Prensa o seu primeiro disco, de nome homónimo do grupo, editado por Sons Galiza. O grupo está formado Vadim Yukhnévich (acordeón e voz), Nuria de León (voz, arpa e frautas) Ramón Feáns (bouzouki, guitarras), Pablo Pérez (baixo e contrabaixo) e Xacobe Gallego (batería). Moitos deles teñen tocado con grupos como Brath, Fía na Roca, Anubía ou Driade. A banda basea a súa filosofía sonora na nosa tradición folk sen renunciar á incorporación de sons doutras culturas ou doutros xéneros como o jazz ou o funk. O grupo dá moita importancia á voz nos seus temas e algunhas letras están inspiradas en textos de Celso Emilio Ferreiro, Lorca e Eduardo Galeano. A banda tamén trata outra das características históricas dos músicos en Galicia: a lingua do barallete. O propio nome do grupo é unha palabra do barallete, posto que significa “lume”.

Máis información en Sons Galiza

datos do disco