Ir ao contido directamente.


Noticias

Música en branco

Xénero: Miscelánea | 3 / 3 / 2011

imaxe non dispoñible

500 testemuñas de momento. As melodías que ficaron gravadas na memoria das diferentes xeracións. O Verbum de Vigo acolle a exposición Música en branco. Memoria dunha cidade, un espazo no que se recrean as músicas gardadas na lembranza dos vigueses. O seu comisario, Julio Gómez, selecciona para nós os dez temas máis comúns na memoria dos vigueses nunha lista de reprodución de Spotify e explícanos o proxecto.

O Festival do Norte presenta o seu cartel

Xénero: Indie | 3 / 3 / 2011

imaxe non dispoñible

Xa se coñece o cartel completo do Festival do Norte. A organización facía pública esta mañá as incorporacións de The Wave Pictures, Ellos, McEnroe, SraSrSra, Diadermin, Iván Dj (da Sala Karma) e Juan Dj (de La Iguana) que se suman ás actuacións xa anunciadas. London Guns, Triángulo de Amor Bizarro, Peter Hook, Sexy Sadie, !!! (Chk Chk Chk) ou Guille Milkyway Dj entre outros. O evento celebrarase os vindeiros 6 e 7 de maio no recinto de Fexdega, en Vilagarcía.

Siniestro total renuncia a optar á Mellor Canción en Galego nos Premios da Música

Xénero: Rock | 2 / 3 / 2011

imaxe non dispoñible

A candidatura de Siniestro Total á Mellor Canción en Galego nos vindeiros Premios da Música acaba de ser retirada polo propio grupo. Nun comunicado no que agradecen os votos recibidos nese sentido, o grupo vigués solicita ser descartado da categoría e reclama que non se vote o seu tema. Segundo comunican, esta categoría dos premios debería recoñecer a grupos e solistas que empregan de xeito habitual a nosa lingua na súa carreira.

Doce anos de festa

Xénero: Folk | 2 / 3 / 2011

not_18498.jpg

Once anos mallando é o título do novo disco de Quempallou. O grupo, referente do folk máis bailable no noso país, bota man dos seus tres lanzamentos anteriores para artellar unha selección de temas na que se pode percibir a evolución artística do seu son. No entanto, malia a esta ollada atrás, a formación non para e anuncia que despois do verán comezarán a gravar un novo álbum. Roi Maceda, acordeón do grupo, explícanos como se xestou este disco e como se desenvolveu unha carreira que, malia ao título, comezou hai doce anos.

Optimizar a música clásica

Xénero: Clásica/Lírica | 1 / 3 / 2011

imaxe non dispoñible

Sen aumentar o gasto, mesmo reducíndoo, pódese mellorar a atención musical en toda Galicia racionalizando o uso dos recursos musicais? Esta é a cuestión da que parte a xornada Ordenamento musical en Galicia. Racionalización dos recursos musicais que se celebra este mércores no Consello da Cultura Galega. Maximino Zumalave, Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas deste organismo, adiántanos algunhas das cuestións que se debaterán no encontro.

O trío Perkutone investiga a fusión musical desde a percusión

Xénero: Jazz/Blues | 28 / 2 / 2011

not_18488.jpg

“La tierra sin mal” é o nome do primeiro disco do trío de percusión Perkutone nacido tras un longo traballo de investigación sobre a fusión entre a percusión da india, a afrocubana e o jazz. A orixinalidade do proxecto reside en utilizar no seu repertorio as formas, estruturas e melodías típicas de standards do jazz e do latin-jazz así como composicións propias feitas unicamente con instrumentos de parches como táboas, tumbadoras e batería. O hindú Vikas Tripathi ás táboas, Noli Torres na batería e Toño Rodríguez – que tamén lidera o Xoán Rodríguez Proxet- nas tumbadoras suplen a ausencia de instrumentos armónicos creando texturas tímbricas, rítmicas e melódicas.

Coñécense os finalistas galegos nos Premios da Música

Xénero: Miscelánea | 25 / 2 / 2011

imaxe non dispoñible

Os Premios da Música 2011 teñen unha destacada representación galega entre os finalistas dalgunhas das categorías principais. Deste xeito, Siniestro Total pode gañar o galardón ao Mellor Álbum de Rock, con Country and Western, mentres na categoría de Rock Alternativo compite Triángulo de Amor Bizarro con Año Santo. Iván Ferreiro, pola súa banda, opta ao premio ao Mellor Álbum de Pop Alternativo con Picnic extraterrestre e Solsticio de Luar na Lubre é candidato ao Mellor Álbum de Música Tradicional. Na categoría de Mellor Canción en Galego atopamos o Alalá da noite de Berrogüeto, Derorán de Mercedes Peón, Negro Caravel, interpretado por Cristina Pato e Rosa Cedrón e de novo Siniestro Total co tema Quen me dera na casiña. Tamén hoxe coñeceuse que Triángulo de Amor Bizarro serán finalistas dos Premios Mexicanos IMAS (Indie-O Music Awards) na categoría Artista español do ano, ogañador coñecerase o vindeiro 13 de abril.

Igloo presentan Infinito 3, o seu cuarto disco

Xénero: Indie | 24 / 2 / 2011 + VIDEO + AUDIO

not_18470.jpg

Infinito 3 é o nome co que Igloo presenta o seu cuarto disco logo de dous anos no que o grupo viu reforzada a súa carreira con destacados recoñecementos a nivel estatal. Como grande novidade, o proxecto incorpora por vez primeira guitarra acústica e inclúe arranxos de cordas, con chiscadelas aos anos oitenta, e letras nas que se percibe desarraigo e melancolía. Infinito 3 está editado por Ernie Producciones e foi gravado nos estudios Planta Sónica II de Vigo e Litium de Pontevdra. O concerto de presentación será este sábado 26 de febreiro no festival Melindie, en Melide.

A Deputación de Pontevedra presenta o seu Plan Cultural para 2011

Xénero: Miscelánea | 24 / 2 / 2011

imaxe non dispoñible

O Plan Cultural da Deputación de Pontevdra prevé investir máis dun millón de euros para actividades en 2011. A maior parte deste investimento distribuirase entre 945 agrupacións e colectivos da provincia, entre os cales destacan "111 grupos de gaitas, 81 bandas, 138 corais e 56 de música clásica" segundo apuntou o presidente da entidade Rafael Louzán. Segundo apunta a entidade, o Plan pretende "dar resposta a unha realidade artística e cultural moi arraigada como é existencia de centos de agrupacións que practican os diferentes estilos musicais" e cobre a celebración de diferentes festivais de corais e bandas, entre outros proxectos.

Quiosco: Ao vivo 8

Xénero: Miscelánea | 24 / 2 / 2011

imaxe non dispoñible

A Axencia Galega das Industrias Culturais ten xa dispoñible no web o oitavo número de Ao vivo. A publicación da Rede Galega de Música ao Vivo dedícalle a súa portada a Holywater e fai un repaso polos últimos traballos de Cristina Pato e Rosa Cedrón, Marful ou Holywater, entre outros. As novidades discográficas con que comeza este 2011, a traxectoria de Miguel Costas, o Café Auriense ou a visita a Polonia de The Homens completan a entrega.

<< Inicio / Anterior . 2531 a 2540 de 3580 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR