SOAS, HOLYWATER, MARFUL, THE HOMENS OU MIGUEL COSTAS PROTAGONIZAN A REVISTA DA REDE DE MúSICA AO VIVO
Quiosco: Ao vivo 8
febreiro 24, 2011
A Axencia Galega das Industrias Culturais ten xa dispoñible no web o oitavo número de Ao vivo. A publicación da Rede Galega de Música ao Vivo dedícalle a súa portada a Holywater e fai un repaso polos últimos traballos de Cristina Pato e Rosa Cedrón, Marful ou Holywater, entre outros. As novidades discográficas con que comeza este 2011, a traxectoria de Miguel Costas, o Café Auriense ou a visita a Polonia de The Homens completan a entrega.
DOCUMENTO