O trío Perkutone investiga a fusión musical desde a percusión
febreiro 28, 2011
“La tierra sin mal” é o nome do primeiro disco do trío de percusión Perkutone nacido tras un longo traballo de investigación sobre a fusión entre a percusión da india, a afrocubana e o jazz. A orixinalidade do proxecto reside en utilizar no seu repertorio as formas, estruturas e melodías típicas de standards do jazz e do latin-jazz así como composicións propias feitas unicamente con instrumentos de parches como táboas, tumbadoras e batería. O hindú Vikas Tripathi ás táboas, Noli Torres na batería e Toño Rodríguez – que tamén lidera o Xoán Rodríguez Proxet- nas tumbadoras suplen a ausencia de instrumentos armónicos creando texturas tímbricas, rítmicas e melódicas.