Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Deputación de Pontevedra presenta o seu Plan Cultural para 2011

A ENTIDADE INVESTIRá MáIS DUN MILLóN DE EUROS EN 945 ENTIDADES DA PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra presenta o seu Plan Cultural para 2011

MISCELáNEA | febreiro 24, 2011

imaxe non dispoñible

O Plan Cultural da Deputación de Pontevdra prevé investir máis dun millón de euros para actividades en 2011. A maior parte deste investimento distribuirase entre 945 agrupacións e colectivos da provincia, entre os cales destacan "111 grupos de gaitas, 81 bandas, 138 corais e 56 de música clásica" segundo apuntou o presidente da entidade Rafael Louzán. Segundo apunta a entidade, o Plan pretende "dar resposta a unha realidade artística e cultural moi arraigada como é existencia de centos de agrupacións que practican os diferentes estilos musicais" e cobre a celebración de diferentes festivais de corais e bandas, entre outros proxectos.