Ir ao contido directamente.


Noticias

A coruñesa Jane Joyd gaña o Proyecto Demo

Xénero: Indie | 13 / 5 / 2011

imaxe non dispoñible

Jane Joyd, o proxecto musical da coruñesa Elba Fernández, impúxose no certame Proyecto Demo 2011, que convoca RTVE e Radio 3. Cunha actuación onte canda a outros dous finalistas nos estudios de Radio Nacional de España, Fernández impúxose co seu proxecto, que superou os 644 participantes no premio. Agora, a coruñesa iniciará unha xira que arrinca no festival PlanetaMadrid e que a levará a participar no Festival Internacional de Benicassim.

Preséntase o programa do Festival Internacional Rías Baixas

Xénero: Miscelánea | 9 / 5 / 2011

imaxe non dispoñible

A grande aposta da Consellaría de Cultura para as artes escénicas na provincia de Pontevedra este verán, o Festibaixas (Festival Internacional de Música Danza e Teatro Rías Baixas xa ten programa. O evento prevé actuacións como a do Sadari Movement Laboratory de Corea (5 e 6 de xullo en Pontevedra)o Ballet Nacional de Uruguay (Vigo, 12 de xullo), Luz Casal (Pontevedra, 23 de xullo), a orquestra Sondeseu (Pontevedra, 13 de xullo), ou as versións operísticas de de La la human steps (Vigo, 19 e 20 de xullo). Pola súa banda, Ana Belén achegará o concerto Música calada a Vigo o 21 de xullo e Verónica Forqué interpretará Shirley Valentine o día 13 na mesma cidade. Todas as actuacións se desenvolve nos respectivos Centros Culturais de NovaCaixaGalicia.

Comeza o primeiro Festival Mozart que inclúe ballet

Xénero: Clásica/Lírica | 9 / 5 / 2011

imaxe non dispoñible

Carmina Burana serviu este sábado para abrir na Coruña a nova edición do Festival Mozart, que se prolongará ata o vindeiro 25 de xullo. Por vez primeira, o evento abre o seu programa ao ballet cunha representación do Lago dos cisnes, que se suma a recitais, óperas, actividades para nenos ou mesmo concertos itinerantes que levarán repertorios clásicos e de jazz a diferentes localidades da Coruña. A coincidir con esta estrea, a Orquestra Sinfónica de Galicia presentaba o pasado venres o seu programa para esta temporada, que coincide co vinte aniversario da formación. A Sinfonía nº 2, Resurrección, de Mahler, abrirá o programa o vindeiro 21 de outubro.

Chegan os Ulträqäns

Xénero: Fusión | 5 / 5 / 2011 + AUDIO

not_18880.jpg

Logo de tres anos e medio, o grupo Ulträqäns presenta o seu primeiro disco. Folk, punk, sintetizadores ou ritmos balcánicos mestúranse nun proxecto difícil de definir pero que os seus responsables reivindician como fusión retrofuturista ou steampunk. Dezasete temas, dos que só catro teñen letra, son a carta de presentación do conxunto, que se autoproduciu e gravou na casa un proxecto que sae autoproducido baixo o selo Lobicán. comeza agora unha xira na que, cun repertorio bastante mais cantado, o grupo amosará o seu bo facer en directo ao longo e ancho do país.

O Consello da Cultura programa o Concerto das Letras Galegas

Xénero: Clásica/Lírica | 4 / 5 / 2011

imaxe non dispoñible

A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave, ofertará o vindeiro 17 de maio ás 20 horas un recital na Igrexa de San Domingos de Bonaval, en Compostela. O Consello da Cultura Galega organiza este Concerto das Letras Galegas, no que a música se combinará con textos de destacados autores da nosa letra. Co acompañamento da soprano Carmen Durán e do coro “Collegium Compostellanum”, interpretaranse obras de Pascual Veiga, Antón García Abril, Antonio Iglesias, José Castro “Chané” e Rogelio Groba sobre textos de Rosalía de Castro, Álvaro de las Casas, Ramón Otero Pedrayo, Manuel Curros Enríquez e Xosé Filgueira Valverde.

A cidade protagoniza dous ciclos en Lugo

Xénero: Miscelánea | 4 / 5 / 2011

imaxe non dispoñible

Música e Cidade é o lema da terceira edición do ciclo Sons Creativos que se vai desenvolver en Lugo os vindeiros 20 e 21 de maio. O encontro, organizado no marco da iniciativa Lugo Cultural, pretende servir de punto de encontro para compositores e músicos internacionais de vangarda. O programa desta edición inclúe un concerto coa participación de José Luis Carles e Cristina Palmese, Efraím Díaz, Pilar Cabeza, Elena Hidalgo, Antonio Alcázar e mais alumnos de Miguel Molina e do Grupo de Creación Musical da USC, así como mesas redondas sobre paisaxes sonoros ou música, cidade e pedagoxía. De xeito paralelo, está a se celebrar tamén en Lugo o VII Curso de Primavera da Facultade de Humanidades. Co lema Sub Urmen: historia, sociedade e cultura da cidade diferentes especialistas abordan o papel das cidades ao longo da historia, con aspectos como a arquitectura, a alimentación ou a pegada das urbes na Idade Media galega.

Ataque Escampe presenta Violentos anos dez o seu novo disco

Xénero: Rock | 4 / 5 / 2011 + AUDIO

not_18876.jpg

Logo de apostar polo "decrecemento", o grupo Ataque Escampe presenta Violentos anos dez,o seu cuarto disco. Cunha aposta polos ritmos da música negra do sur do Estados Unidos, como o soul ou toques country, a banda achega letras menos sarcásticas do que en anteriores traballos. O disco, gravado no estudios Abrigueiro de Lugo, está autoeditado e achega dez temas, que se poden descargar de balde no web aregueifa.net baixo licenza Copyleft. Neste mesmo mes porase a venda a vesión física do disco, que achega as letras e mais un tema "freestyle". No seu blog, o grupo explica polo miúdo cada unha das cancións que inclúen neste traballo.

O fillo de Clint Eastwood, un dos reclamos do XV Festival de Jazz de Ourense

Xénero: Jazz/Blues | 3 / 5 / 2011

imaxe non dispoñible

Mañá arrinca en Ourense unha nova edición dunha das súas citas habituais, o Festival de Jazz Primavera. Un encontro que cumpre quince anos e que conta coa presenza do guitarrista norteamericano AL Di Meola (é a súa terceira visita a Ourense) e o Kyle Eastwood, fillo do coñecido director e actor de cine. De feito Kyle é o compositor das bandas sonoras das últimas películas do seu pai. A programación deste ano, que se estende ata o 20 de maio, abranguerá diferentes modalidades como o jazz flamenco. Precisamente entre as novidades está prevista unha máster class sobre este estilo, que impatirá Jorge Pardo, coñecido por acompañar a Paco de Lucía por todo o mundo. O festival tamén contará con jazz galego, que participará o grupo Abuña Jazz.

Música Pereiro!

Xénero: Miscelánea | 3 / 5 / 2011 + AUDIO

imaxe non dispoñible

Dificilmente un homenaxeado no Día das Letras terá sido máis musical que Pereiro. No seu traballo poético abundan as referencias sonoras e son coñecidas a súas preferencias musicais. A seguir nesta liña, este ano son varios os proxectos que apostan por seguir este vencello, musicando textos do poeta, recreando os sons da súa época ou facendo cancións inspirados na súa obra.

Cultura e a Fundación Rogelio Groba acordan preservar a obra do compositor

Xénero: Clásica/Lírica | 2 / 5 / 2011

imaxe non dispoñible

É un dos compositores galegos máis prolíficos porque ten máis de trescentas obras da súa autoría que abranguen todos os xéneros (de Lied a música de cámara pasando por orquestra e sinfonías). Rogelio Groba (Ponteareas, 1930) creou unha fundación para preservar o seu legado e, desde hai varios anos asina convenios coa administración (vía Consellaría de Cultura, vía Fundación Cidade da Cultura) para preservar a conservación, estudo e difusión do seu fondo bibliográfico-musical. O último foi a semana pasada, cando a Fundación Cidade da Cultura destinará 15.000 euros para catalogación e dixitalización dun material que pasará a difundirse a través da rede virtual da Biblioteca de Galicia.

<< Inicio / Anterior . 2481 a 2490 de 3580 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR