Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cultura e a Fundación Rogelio Groba acordan preservar a obra do compositor
Cultura e a Fundación Rogelio Groba acordan preservar a obra do compositor
maio 2, 2011
É un dos compositores galegos máis prolíficos porque ten máis de trescentas obras da súa autoría que abranguen todos os xéneros (de Lied a música de cámara pasando por orquestra e sinfonías). Rogelio Groba (Ponteareas, 1930) creou unha fundación para preservar o seu legado e, desde hai varios anos asina convenios coa administración (vía Consellaría de Cultura, vía Fundación Cidade da Cultura) para preservar a conservación, estudo e difusión do seu fondo bibliográfico-musical. O último foi a semana pasada, cando a Fundación Cidade da Cultura destinará 15.000 euros para catalogación e dixitalización dun material que pasará a difundirse a través da rede virtual da Biblioteca de Galicia.
Tamén che pode interesar:
- 22/ 8/ 2024 | Estrean en Ponteareas 'Danzas gulanesas' de Rogelio Groba
- 21/ 5/ 2024 | De Bartók a Groba
- 21/ 8/ 2014 | O II Festival Groba reunirá concertos e clases maxistrais en Ponteareas
- 4/ 8/ 2009 | A Real Filharmonía celebra o oitenta aniversario de Rogelio Groba cun concerto
- 18/ 12/ 2008 | O Arquivo Nacional dixitalizará os fondos de Roxelio Groba