Comeza o primeiro Festival Mozart que inclúe ballet
maio 9, 2011
Carmina Burana serviu este sábado para abrir na Coruña a nova edición do Festival Mozart, que se prolongará ata o vindeiro 25 de xullo. Por vez primeira, o evento abre o seu programa ao ballet cunha representación do Lago dos cisnes, que se suma a recitais, óperas, actividades para nenos ou mesmo concertos itinerantes que levarán repertorios clásicos e de jazz a diferentes localidades da Coruña. A coincidir con esta estrea, a Orquestra Sinfónica de Galicia presentaba o pasado venres o seu programa para esta temporada, que coincide co vinte aniversario da formación. A Sinfonía nº 2, Resurrección, de Mahler, abrirá o programa o vindeiro 21 de outubro.
Tamén che pode interesar:
- 7/ 5/ 2013 | O violinista Pinchas Zukerman abre a edición do Festival Mozart
- 3/ 3/ 2008 | O Festival Mozart concéntrase nun mes e estrea director artístico
- 4/ 5/ 2006 | Grigory Sokolov inaugura na Coruña o Festival Mozart
- 4/ 4/ 2006 | A nova edición do Festival Mozart non inclúe ningunha ópera deste compositor no seu programa
- 12/ 5/ 2003 | Comeza na Coruña o festival Mozart nun ano que pretende ser de transición