Noticias
Kathaarsys saca o seu novo traballo gravado en directo na Sala Capitol
Xénero: | 19 / 10 / 2011 + VIDEO
O grupo compostelán de metal escuro progresivo Kathaarsys ven de sacar á rúa un novo traballo The Concept baseado na gravación do seu concerto na Sala Capitol de Santiago o 9 de outubro de 2010 dentro da xira “Intuition Tour”. The Concept preséntase nun formato de libro con CD e DVD da actuación en directo e está editado pola súa propia discográfica e produtora Silent Tree.
Teo Cardalda presenta un libro disco, como antesala da súa homenaxe teatral a Valle Inclán
Xénero: | 19 / 10 / 2011
O músico vigués Teo Cardalda está a dar a coñecer neste 2010 o seu último proxecto musical. Chámase Claves líricas e consiste en ponerlle música a dez poemas de Valle Inclán. O proxecto inclúe, ademais de dez cancións, imaxes e poemas sobre o dramaturgo. Ademais, o disco é un adianto dun proxecto máis amplo no que Cardalda homenaxeará a Valle Inclán cando se cumpren 75 anos do seu pasamento. En febrero de 2012 estreará, co apoio da Agadic, a Fundacion Autor e o Instituto Cervantes, un proxecto teatral sobre Valle. Unha montaxe que Cardalda prepara coa directora Tamzin Towsend, o dramaturgo Ignacio García May e o actor Luis Zahera.
Medra a adquisición non legal de música en Galicia
Xénero: | 19 / 10 / 2011
O número de persoas que merca música "con marca", é dicir, legal, en Galicia, caeu no bienio 2010-2011 ata o 8% da poboación, fronte ao 19,3% do período 2006-2007. Así o asegura a explotación que realiza o Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega da Encuesta de Hábitos y Prácticas Culturales en España 2010-2011, publicada polo ministerio de cultura.
Assembly Point presenta o seu primeiro disco
Xénero: | 14 / 10 / 2011
Un trío de corda folk formado por Fernando Barroso ao bouzouqui, Luis Peixoto na mandolina e o cavaquinho, e Eoghan Neff ao violín. Esta é a proposta de Assembly Point, un grupo multinacional composto por un galego, un portugués e un irlandés, que acaba de presentar o seu primeiro disco de titulo homólogo. O proxecto, coeditado por Zouma Records coa compañía portuguesa Vachier & Associados, preséntase no noso país cunha xira que se desenvolverá entre o 20 e o 27 de outubro na Coruña, Santiago, Lugo e Vigo.
Históricos produtores de rock darán un curso para profesionais en San Simón
Xénero: | 6 / 10 / 2011
A illa de San Simón acollerá do 19 ao 21 de outubro un curso de produción musical que baixo o título ”Históricos do rock” reunirá a tres relevantes produtores de nivel internacional como mestres que teñen traballado -entre outros- con grupos como AC/DC, Bob Marley, The Who, Steve Winwood, Jimi Hendrix, Joe Cocker, Leonard Cohen, The Pixies ou Foo Fighters. Así, Tony Platt explicará, por exemplo, o proceso de gravación e produción de discos tan emblemáticos como Highway to hell, de AC/DC; Phill Brown falará das súas experiencias de traballo con Led Zeppelin; e Gil Norton da dinámica emprendida no mesmo ámbito con Foo Fighters. Ata trinta profesionais da produción musical de Galicia poderán asistir como alumnos a este curso organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais e a empresa viguesa Dotbeat, a pre-inscrición está aberta ata o vindeiro luns 10 de outubro.
MCarballo fai unha aposta polo rock sureño no seu segundo disco
Xénero: | 5 / 10 / 2011 + IMAXES
O vocalista, guitarrista e compositor ourensán Manuel Carballo, presenta baixo o seu nome artístico MCarballo o seu segundo traballo discográfico, un EP titulado You Knew It (Zouma records, 2011). Como novidade respecto ao anterior cabe sinalar que está acompañado por David Outumuro (batería) e Alberto García (baixo e coros) conformando o MCarballo Trío. En You Knew It poderemos atopar 5 cancións de composición propia gravadas íntegramente en inglés. Se no seu álbum de debut On Your Pillow (Zouma Records, 2007) desenvolvía un son máis próximo ao folk americano, este novo EP ofrece un sabor eminentemente blues-rock en cuanto a sonoridades e temáticas reflectindo a predilección do autor polo rock sureño. Neste novo traballo conta, ademais coas colaboracións de Abe Rábade, no órgano hammond en I saw her near the river, I'll lose my love e One life without you, e María Mendoza, nos teclados e coros. Todo un clásico da escena musical ourensá, Manuel Carballo ten formado parte de diferentes grupos colaborou en discos de artistas e bandas como Mutenrohi, Cristina Pato, El Pararrayos, Magritte e Magin Blanco, entre outros.
Moon Cresta gaña o segundo concurso Querostar
Xénero: | 3 / 10 / 2011
O premio do segundo certame de música en vivo Querostar, que organiza a sala The Star de Carral foi para os vigueses Moon Cresta. O grupo de funk-rock levou os 1.000 euros de premio, seguido por Neverside, tamén de Vigo, que se fixeron con 500 euros. Moondog Blues Party quedou terceiro e levou 300 euros mentres que os coruñeses NOC levaron o cuarto premio, unha hora de gravación nos estudios da Radio Galega. Os concertos comezaron a partir das once da noite do pasado sábado e puideron seguirse de xeito simultáneo na rede. O certame contou coa participación dun total de 135 grupos, dos que se elixiron os finalistas mediante os votos de internautas e mais do público da sala.
A Orixe Cero de Xan Campos Trío
Xénero: | 3 / 10 / 2011 + AUDIO
Unha das voces máis orixinais do jazz galego estrea formación no estudio. O pianista Xan Campos gravou, canda a Horario García no contrabaixo e Iago Fernández na Batería Orixe Cero (Free Code Jazz Rercords), un disco no que os ritmos do jazz mestúranse con influencia de rock, o pop ou o folk. A obra está dispoñible para ouvir e descargar desde a rede, baixo licenza Creative Commons.
Tocarlle a pandeireta á webcam
Xénero: | 3 / 10 / 2011
Está a piques de abrir as súas portas E-Xango.net, o primeiro curso de instrumentos tradicionais a distancia. Aproveitando as posibilidades das novas tecnoloxías, nace unha proposta que quere facilitarlle o aprendizado a xente que está lonxe do noso país. Esta mesma semana abre o curso de percusión e mais o de linguaxe musical.
Chega o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
Xénero: | 26 / 9 / 2011
Malia a que o ano pasado non se puido celebrar, a Asociación de Gaiteiros Galegos celebra, entre o 7 e o 9 de outubro, o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional. A cita será no Auditorio de Galicia, en Compostela, e para alén de obradoiros formativos en diferentes instrumentos ou presentacións de novas obras sobre esta cuestión, abordaranse temas como métodos de ensino de gaita para os máis novos ou as posibilidades da música galega como terapia en idades temperás. Aínda está aberto o prazo para se inscribir e mais para presentar comunicacións a este encontro.


