Ir ao contido directamente.


Noticias

Amancio Prada une a Lorca e Rosalía cunha xira e dous discos

Xénero: Cantautor | 19 / 5 / 2014

lorca_poeta_GZ_amancio_prada.jpg

Un duplo lanzamento discográfico e unha xira arredor da relación entre Lorca e Rosalía. O músico berciano Amancio Prada presentaba o pasado venres no Consello da Cultura Galega os seus últimos proxectos, nos que explora os vencellos entre a poeta galega e o poeta granadino. Para o facer, Prada presenta, por unha banda Federico García Lorca: Poeta en Galicia, un libro-CD editado por Vaso Roto no que o cantor versiona por vez primeira a totalidade dos Seis poemas galegos do poeta aos que engade a súa Salutación Elegíaca a Rosalía de Castro. O proxecto conta coas ilustracións de Juan Carlos Mestre. En paralelo, sae tamén à venda Resonancias de Rosalía.

Díaz Castro: Potencial para crear

Xénero: Miscelánea | 15 / 5 / 2014

imaxe non dispoñible

Quizais a súa obra non fose moi extensa nin o seu nome tremendamente coñecido. Pero do que non cabe dúbida é que a figura e a poesía de Díaz Castro están a demostrar este ano un enorme potencial para se recrear e adaptar aos máis diversos enfoques e soportes. Para alén das propostas audiovisuais, das que xa falamos, iniciativas escénicas, contos ilustrados ou cancións son algunhas das achegas máis orixinais arredor do homenaxeado no Día das Letras.

O Concerto das Letras repasa a historia da música desde Lugo

Xénero: Clásica/Lírica | 14 / 5 / 2014

imaxe non dispoñible

Celebrar o Día das Letras Galegas cun concerto é xa unha tradición do Consello da Cultura Galega. Por cuarto ano, a entidade programa para o vindeiro 16 de maio un recital en Lugo no que se explorarán os vencellos da música culta coa literatura do país. A Real Filharmonía de Galicia, o grupo vocal Sólo Voces e o coro Collegium Compostellanum, dirixidos por Maximino Zumalave, interpretarán un repertorio no que se inclúe a estrea mundial dunha versión musicada de Penélope da man de Octavio Vázquez.

Xoán Curiel e Charo Pita presentan Estamos no verán!!

Xénero: Infantil | 14 / 5 / 2014

Estamos_no_veran.jpg

A historia duns amigos que queren ter un grupo de música é o eixe de Estamos no verán!!! a novela-CD que presentaba onte a Editorial Galaxia. Xoán Curiel, coa banda Son+d2 e Charo Pita cargan cos peso musical e literario dun proxecto que conta coas ilustracións de Iván R. Estilos como o funk, o rock ou a bossa nova atópanse nun álbum que busca o seu público en ouvintes de entre oito e doce anos e que sae á venda a un prezo de 20 euros.

Villanueva debuta con Viajes de ida

Xénero: Pop | 13 / 5 / 2014

viajes_de_ida_villanueva.jpg

Villanueva é o nome do novo proxecto musicaldo vigués Josete Diaz, antigo membro de Martynez. Co título Viajes de ida lanza o seu primeiro disco en solitario, un volume de 10 cancions que estará dispoñible a partir do vindeiro 20 de maio en formato físico e dixital da man de Esmerarte. Nesta nova etapa o músico oscila entre o rock e o pop con colaboracións como as de Ramiro Nieto, Carlos Sosa, Javier Doria e Oscar García nos instrumentos e con Ángel Luján á produción. A Sala Costello de Madrid acollerá a presentación do proxecto o mesmo día 20.

Indy Tumbita reencárnase en Joao Tomba

Xénero: Miscelánea | 12 / 5 / 2014

canciones_jesus_joao_tomba.jpg

Canciones a Jesús, al amor y otras movidas é o título do primeiro disco de Joao Tomba. O alter ego do vigués Israel Indy Tumbita achegan 11 temas cheos de humor e letras ácidas con toques de psicodelia. Ademais, o proxecto anuncia tamén un documental coa historia de Joao Tomba, un suposto roqueiro morto en 1959 que agora ocupa o corpo do músico vigués. A Pecera en Vigo acollerá o vindeiro concerto do músico o vindeiro 17 de maio no que o cantante estará acompañado da orquestra TDK Chrome.

A Xunta e a TVG presentan dúas pezas audiovisuais sobre Díaz Castro

Xénero: Folk | 9 / 5 / 2014

imaxe non dispoñible

A Consellaría de Cultura e mais Televisión de Galicia presentaban esta mañá a súa aposta audiovisual conxunta con ocasión do día das letras galegas. Nimbos e Esmeralda son os dous poemas que dan pé a cadansúa peza audiovisual animada. Mentres Esmeralda está representado con figuras animadas, en Nimbos apóstase por sombras e papeis recortados para representar os versos.

A Roda marca un punto de inflexión co seu novo disco

Xénero: Folk | 8 / 5 / 2014

outra_volta_de_roda_a_roda.jpg

Logo do falecemento do seu cantante, Fito Dominguez, A Roda reinvéntase. O grupo lanza o seu décimo sexto traballo a revisar algúns dos seus grandes éxitos desde novos enfoques. Outra volta de roda, que se presentaba esta mañá no Salón Teatro de Compostela, achega trece temas que contan con colaboracións como as de Najla Shami, Emilio Rúa, Ses, Luis Iglesia, Luis Vaamonde, Miguel Costas ou Pancho Álvarez. Entre as cancións recuperadas non faltan títulos míticos como O andar miudiño, Pousa, pousa ou O gato. O Auditorio do Concello de Vigo acolle o vindeiro 17 de maio o primeiro concerto da xira de presentación do novo traballo.

Ponteceso celebra o seu Festiletras

Xénero: Miscelánea | 8 / 5 / 2014

imaxe non dispoñible

Unha ofrenda floral, unha charla de Xosé Neira Vilas e unha comida popular darán comezo, o vindeiro domingo 11 á nova edición do Festiletras que se celebra na Aldea do Couto, Ponteceso. O evento organizado pola asociación Monte Branco, Inllar, Colectivo Con V de Valarés, Coral A Oliveira de Monte Branco e a Fundación Eduardo Pondal centra os seu programa na seguinte fin de semana, cando se farán roteiros guiados, unha feira de artesanía, obradoiros e actuacións de regueifas ou as actuacións de Isabel Risco e Xosé Antonio Touriñan. Sábado e domingo o programa inclúe, entre outras moitas actividades, actuacións de Oreka TX, Ce Orquesta Pantasma, Pablo Díaz, João Afonso + Amigos ou Peter Punk.

Reperkusión completa con Manu Chao o seu cartel para este ano

Xénero: Miscelánea | 7 / 5 / 2014

imaxe non dispoñible

O retorno de Manu Chao preséntase como o prato forte da nova edición do Reperkusión, que se celebrará en Bemposta entre os vindeiros 11 e 13 de xullo. O artista franco-galego completa un cartel do que tamén fan parte Dirty Honkers, Dani Lança, Hadri H + Friends ou Noah. A estes súmanse grupos xa anunciados como Muchachito y sus compadres, Crasssh, Cuchufellos ou Terbutalina. Pola súa banda, e segundo recolle hoxe Diario de Pontevedra desde Caldas a Asociación Zona Afectada anuncia a terceira edición de Orixe Candente. O festival contracultural desenvolverase entre o 18 e o 27 de xullo e incluirá, como en anteriores ocasións, música, microteatro, literatura ou humor. O día 26, e no marco deste programa, celebrarase o festival de música Ardekaldas. A organización adiantará en vindeiros días o programa completo do evento.

<< Inicio / Anterior . 1841 a 1850 de 3582 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR