Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Reperkusión completa con Manu Chao o seu cartel para este ano

ORIXE CANDENTE E A ROMARíA POP ANUNCIAN NOVAS EDICIóNS

Reperkusión completa con Manu Chao o seu cartel para este ano

MISCELáNEA | maio 7, 2014

imaxe non dispoñible

O retorno de Manu Chao preséntase como o prato forte da nova edición do Reperkusión, que se celebrará en Bemposta entre os vindeiros 11 e 13 de xullo. O artista franco-galego completa un cartel do que tamén fan parte Dirty Honkers, Dani Lança, Hadri H + Friends ou Noah. A estes súmanse grupos xa anunciados como Muchachito y sus compadres, Crasssh, Cuchufellos ou Terbutalina. Pola súa banda, e segundo recolle hoxe Diario de Pontevedra desde Caldas a Asociación Zona Afectada anuncia a terceira edición de Orixe Candente. O festival contracultural desenvolverase entre o 18 e o 27 de xullo e incluirá, como en anteriores ocasións, música, microteatro, literatura ou humor. O día 26, e no marco deste programa, celebrarase o festival de música Ardekaldas. A organización adiantará en vindeiros días o programa completo do evento.

Pola súa banda, a Romaría Pop de Santiago adianta parte do seu cartel para o vindeiro 14 de xuño. Ataque Escampe, Linda Guilala e Niño y Pistola son as primeiras confirmacións musicais do evento, que inclúe tamén actividades para cativos, oferta gastronómica e mercadiño.