Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Amancio Prada une a Lorca e Rosalía cunha xira e dous discos

O BERCIANO PRESENTA FEDERICO GARCíA LORCA: POETA EN GALICIA E MAIS RESONANCIAS DE ROSALíA

Amancio Prada une a Lorca e Rosalía cunha xira e dous discos

CANTAUTOR | maio 19, 2014

lorca_poeta_GZ_amancio_prada.jpg

Un duplo lanzamento discográfico e unha xira arredor da relación entre Lorca e Rosalía. O músico berciano Amancio Prada presentaba o pasado venres no Consello da Cultura Galega os seus últimos proxectos, nos que explora os vencellos entre a poeta galega e o poeta granadino. Para o facer, Prada presenta, por unha banda Federico García Lorca: Poeta en Galicia, un libro-CD editado por Vaso Roto no que o cantor versiona por vez primeira a totalidade dos Seis poemas galegos do poeta aos que engade a súa Salutación Elegíaca a Rosalía de Castro. O proxecto conta coas ilustracións de Juan Carlos Mestre. En paralelo, sae tamén à venda Resonancias de Rosalía.

A partir do repertorio dos dous álbums, Prada está a desenvolver no noso país a xira A Rosalía de Federico, na que conta co acompañamento do acordeonista Cuco Pérez. Logo de pasar por Compostela e Valga, a xira continúa esta semana o martes 20 en Tui, o día 21 en Vilagarcía de Arousa, o sábado 24 en Ferrol e o domingo 25 en Cangas.

MULTIMEDIA
Salutación elegíaca a Rosalía de Castro
datos do disco