Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Ponteceso celebra o seu Festiletras

OS ACTOS CELéBRANSE NA ALDEA DO COUTO ENTRE OS DíAS 11 E 18

Ponteceso celebra o seu Festiletras

MISCELáNEA | maio 8, 2014

imaxe non dispoñible

Unha ofrenda floral, unha charla de Xosé Neira Vilas e unha comida popular darán comezo, o vindeiro domingo 11 á nova edición do Festiletras que se celebra na Aldea do Couto, Ponteceso. O evento organizado pola asociación Monte Branco, Inllar, Colectivo Con V de Valarés, Coral A Oliveira de Monte Branco e a Fundación Eduardo Pondal centra os seu programa na seguinte fin de semana, cando se farán roteiros guiados, unha feira de artesanía, obradoiros e actuacións de regueifas ou as actuacións de Isabel Risco e Xosé Antonio Touriñan. Sábado e domingo o programa inclúe, entre outras moitas actividades, actuacións de Oreka TX, Ce Orquesta Pantasma, Pablo Díaz, João Afonso + Amigos ou Peter Punk.