Ir ao contido directamente.


Noticias

Manobras orquestrais na tradición

Xénero: Folk | 26 / 5 / 2014

imaxe non dispoñible

O pasado sábado presentábase na Coruñaa Orquestra de Música Tradicional Galega. A seguir o exemplo da xa veterana Orquestra Sondeseu, desde Vigo, son varias as iniciativas, tanto en Galicia como fóra, que apostan por este tipo de formacións para traballar os sons tradicionais. Un xeito diferente de experimentar e de crear puntos de encontro para os intérpretes.

Berros do Castro recupera o patrimonio musical da comarca ártabra

Xénero: Folk | 26 / 5 / 2014

tanto_encanto_reunido_berros_do_castro.jpg

Un libro-CD de 120 páxinas que repasa solitas, cuartetos, bandas ou fabricantes de instrumentos que traballaron nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal desde o século XIX. Esta é a proposta que fai a Asociación Berros do Castro en Tanto encanto reunido, un proxecto que inclúe 15 pezas nas que esta agrupación reinterpreta parte do repertorio destes músicos históricos. O volume conta con colaboracións como as de Daniel Bellón, Pablo Carpintero ou Alonso Caxade na música e textos de Pablo Carpintero e Xosé Varela, e está publicado por Edicións Embora.

Ataque Escampe retornan con O disco vermello

Xénero: Pop | 23 / 5 / 2014

O_disco_vermello_ataque_escampe.jpg

A emigración, a contradición entre a evasión e o compromiso, historias universais contadas desde uns puocos. Ataque Escampe apostan por un son cunha maior presenza de bases electrónicas e presentan O disco vermello. Letras coidadas e reivindicativas nas que se mesturan ritmos como "o pop e o dub e o rap de mentira e o soul de Filadelfia", segundo eles mesmos explican no texto de presentación. Once temas dispoñibles en Bandcamp e que en breve sairán en formato CD. O álbum foi gravado por Arturo Vaquero nos estudios Abrigueiro e que ven a luz da man de Discos da Máquina.

A experimentación sonora atópase en Lugo no 6º Sons Creativos

Xénero: Miscelánea | 22 / 5 / 2014

imaxe non dispoñible

Logo da estrea o pasado 20 de maio co concerto de Vertixe Sonora, o programa da sexta edición de Sons Creativos continúa hoxe cun recital de Carlos Suárez. O encontro dedicado á música contemporánea, a creación electroacústica e á arte sonora continúa o seu programa en Lugo coas propostas de Ulobit (27 de maio), Ohn (29 de maio) e un concerto de improvisación que se desenvolverá o 5 de xuño no quiosco da Praza Maior.

Triángulo de Amor Bizarro aspira a 5 dos Premios da Música Independente

Xénero: Indie | 22 / 5 / 2014

imaxe non dispoñible

Ata o vindeiro 5 de xuño están aberta as votacións populares da sexta edición dos Premios da Música Independente. Na mesma, Triángulo de Amor Bizarro supón a principal presenza de grupos galegos, con candiaturas a mellor artista, mellor directo, mellor artista Radio 3, álbum do ano (Victoria Mística) e canción do ano por Estrellas místicas. Nas categorías absolutas unicamente Manuel H. Portolés, de Niño y Pistola aspira ao galardón ao mellor videoclip por By the Grace of God.

Brinca Vai! propón unha viaxe musical polos doce meses do ano

Xénero: Infantil | 22 / 5 / 2014

Brinca_Vai_paco_nogueiras.jpg

O Samaín, o Magosto, o Apalpador, o Entroido ou o verán teñen cadanseu tema en Brinca Vai!. O novo disco de Paco Nogueiras propón unha viaxe polos doce meses do ano noutras tantas cancións que repasan festas, xogos populares e historias. O proxecto, editado por Kalandraka nun libro-CD-DVD conta cun web de apoio no que se publicarán actividades didácticas e contidos extra. O espazo Libros para Soñar de Vigo acolle este venres 23 a presentación do proxeccto.

Nace en Burela o festival Osa do mar

Xénero: Miscelánea | 21 / 5 / 2014

imaxe non dispoñible

Con Triángulo de Amor Bizarro, Guerrera, Grampoder, The Brosas ou Ataque Escampe confirmados, Burela celebrará os vindeiros 12 e 13 de setembro a primeira edición de Osa do Mar. O novo festival aposta pola música alternativa galega como eixe e pretende dinamizar o panorama cultural da Mariña. En paralelo, desde Redondela chega, entre o 5 e o 7 de xuño a oitava edición do festival Millo Verde. Breakin´ Bones, Blasted Mechanism, Caramuxo Vermello ou Maison du Malheur son algúns dos grupos que compoñen o cartel. Como é habitual, o evento compleméntase con actividades como a jam de graffiti ou o torneo de baloncesto.

Invivo volta con Cárcavas

Xénero: Rock | 21 / 5 / 2014

carcavas_invivo.jpg

Tres anos despois do seu último traballo e con mudanzas no grupo, Invivo volta con Cárcavas. O terceiro álbum da formación compostelá achega once temas, na súa maior parte en galego, cos que a banda afonda na súa aposta polo metal e o trash con Roberto Filgueira como nova voz e Bruno Castro ao baixo. O disco,autoeditado,gravouse nos Pousada Son Estudios de Ames e preséntase ao público o vindeiro 24 de maio na sala TNT, en Compostela.

Marta Quintana tamén se achega a Díaz Castro

Xénero: Cantautor | 20 / 5 / 2014

lus_marta_quintana  capa.jpg

A guitarra de Cuchús Pimentel sérvelle a Marta Quintana de base para o seu último traballo. A harpista e cantante adapta once poemas de Díaz Castro en Lus un proxecto autoeditado no que non faltan textos como Penélope, cunha vangardista versión, Noite do mundo ou Nimbos. O dúo presentou en público o disco no recital Díaz Castro: perdido no traxecto e salvado por un anxo que se celebrou o pasado venres 16 na Cidade da Cultura.

Resonancias de Rosalía, de Amancio Prada

Xénero: Cantautor | 19 / 5 / 2014

imaxe non dispoñible

En paralelo con Federico García Lorca, poeta en Galicia e como parte da xira A Rosalía de Federico, Amancio Prada presenta Resonancias de Rosalía. O novo disco do cantor berciano ponlle música a 18 novos textos da poeta de Padrón, que se suman á xa longa traxectoria de poemas de Rosalía cantadas por Prada. O texto, publicado baixo o selo Musicamaina, conta cun texto introdutorio de Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega.

<< Inicio / Anterior . 1831 a 1840 de 3582 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR