Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
O gaiteiro Óscar Ibáñez debuta en solitario
Xénero:
| 8 / 10 / 2012A colección Discos Selo Vir de Ouvirmos acolle o debut discográfico en solitario de Óscar Ibáñez. O gaiteiro e frautista une melodías sudamericanas que se integraron no repertorio galego pola a emigración con temas propios do país e elementos de música celta. A mestizaxe que guía os once temas do proxecto está tamén presente na lista de colaboradores, con presenzas internacionais como o irlandés Diarmaid Moynihan, o cubano Oscar Rodríguez, os brasileiros Sergio Tannus e Paulo Silva ou os venezolanos Pablo Camacaro e Néstor Gil entre outros. Ibáñez está acompañado no proxecto da banda que habitualmente o acompaña nos directos, foramdas por Fernando Fraga, Harry Price, Carlos Calviño, Paco Dicenta e Andrés Vilán.
Carlos Núñez presenta Discover cunha xira americana
Xénero:
| 5 / 10 / 2012Aínda que xa se pode adquirir desde o pasado mes de marzo en países como Francia ou Suíza, Carlos Núñez viaxa ata Nova York para presentar o seu novo traballo Discovery. Un concerto mañá na sala Drom de Manhattan será o comezo da xira que o levará por Estados Unidos e Canadá para dar a coñecer o disco. Discovery é un duplo álbum que achega un total de 39 temas do autor, unha boa parte dos cales están intepretados con outros músicos como The Chiftains, Dulce Pontes, Montserrat Caballé, Dulce Pontes, Carlinhos Brown ou Ryuichi Sakamoto. Canda a clásicos do repertorio do gaiteiro, o disco achega catro temas inéditos. O disco está editado por Sony Music.
Fina en Vigo o fundador de A Roda, Fito Domínguez
Xénero:
| 3 / 9 / 2012Traballou como pasteleiro, caldereiro e acabou sendo soldador dos asteleiros vigueses. Foi precisamente nesta última etapa na que Adolfo Domínguez, máis coñecido como Fito, comezou a promover un proxecto musical que o faría popular, coa creación do grupo A Roda. O cantante apareceu morto no seu domicilio de Vigo este domingo, unha semana despois do pasamento da súa muller Filo. Como alma máter de A Roda fixo un traballo de divulgación e expansión da canción poular galega, así como de normalización lingüística na área musical, do que cómpre destacar títulos como Falemos galego, Para os amigos ou A Roda rodando.
Novos xeitos para os vellos cantos
Xénero:
| 2 / 7 / 2012Nos últimos anos está a se verificar unha mudanza nas posibilidades de aprendizado da música e a danza tradicionais. De se concentrar en grupos de baile e se transmitir de xeito fundamentalmente oral, comezan a proliferar libros, discos, DVDs e combinacións destes soportes que facilitan o coñecemento de instrumentos, cantigas e bailes. A incorporación ás aulas de ensino da nosa tradición musical, un xeito máis lúdico de entender este legado e a iniciativa dos congresos de ensinantes de música tradicional son algúns dos factores que deron nesta proposta.
O Mar Maior de Luar na Lubre arrinca con fortes vendas
Xénero:
| 18 / 6 / 2012O último traballo de Luar na Lubre, Mar Maior, inicia o seu percurso cunha boas cifras de vendas. Na mesma semana do seu lanzamento, o pasado 5 de xuño, o disco acadaba situarse como o 31 disco máis vendido do Estado. O álbum que supón a estrea de Paula Rey como vocalista do grupo, está editado por Warner Music e inspírase no coñecido Libro das invasións que fala sobre os mitos e a historia antiga de Irlanda. Música medieval mestúrase coa tradición galego portuguesa e composicións propias neste proxecto.
O Festival de Ortigueira atrasa as súas datas
Xénero:
| 15 / 6 / 2012Coa intención de recuperar público universitario, logo da caída do pasado ano por coincidir con exames, o Festival de Ortigueira muda as súas datas. Será entre o 12 e o 15 de xullo cando a vila acolla este evento, que conta nesta xeira con bandas coma Oban pipe band (Escocia), Crema de gaita (Galicia), The Rua Macmillan band (Escocia), Electric céilí (Irlanda), Bagad Glazik Kemper (Bretaña), Stolen Notes (Andalucía), Escola de gaitas de Ortigueira (Galicia), Blazin' fiddles (Irlanda) ou Jamie's Smith Mabon (Gales) entre outras.
Ampla participación galega no Intercéltico de Lorient
Xénero:
| 6 / 6 / 2012Xosé Manuel Budiño, As beiras do Ulla, Banda de Gaitas Dambara, Kerkennai e Quempallou participarán na 42ª edición do Festival Intercéltico de Lorient, que se celebrará nesta cidade bretona entre o 3 e o 12 de agosto. Este ano, o Festival está dedicado á Acadia, un conxunto de comunidades francófonas da costa este de Canadá.
Os Cempés presentan Tentemozo
Xénero:
| 28 / 5 / 2012É un dos retornos máis agardados e anunciados desta temporada. Os Cempés presentan ás 19 horas de hoxe no pub compostelán Casa das Crechas Tentemozo. O novo álbum, gravado en colaboración cos alumnos da Escola Livre da MPG da Cenral Folque, conta con colaboracións como as de Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, Tiago Pereira, José Diaz, Benxamin Otero ou Pablo Doval. O novo lanzamento continúa na liña musical dos catro traballos anteriores do grupo, con melodías bailables tradicionais ou compostas ao xeito tradicional. Como novidades, o disco presenta uns arranxos máis complexos en varios dos temas coa participación de 50 músicos.
Balakandra debuta no mercado discográfico
Xénero:
| 24 / 5 / 2012Logo de oito anos de traballo nos escenarios, Balakandra presenta baixo o seu propio nome o que supón o debut discográfico desta formación de San Sadurniño. Con formato audiolibro, o traballo foi gravado nos estudios compostelans A Ponte da man de Tomás Axeitos, e os seus once temas afondan na mestura do folk con ritmos americanos coma o country ou o bluegrass, sen esquecer incursións na música latina. A formación, que xordeu da man de varios dos membros do grupo Saraibas, estreará ao vivo este proxecto cun concerto no Auditorio de Narón o vindeiro 27 de maio. Ademais da edición física, o disco estará dispoñible para escoita no web do grupo.
Uxía, Doa e Assembly Point fanse cos premios La Opinión de folk
Xénero:
| 18 / 5 / 2012O teatro Rosalía de Castro da Coruña acollía na noite do pasado mércores 16 a gala dos XI Premios La Opinión de música folk. Uxía levou o galardón á mellor artista do ano, un premio no que tamén se recoñecen os seus vinte anos de traballo na música de raíz. Canda a ela, o grupo Doa viu galardoado o seu álbum A fonte dos cervos como mellor traballo do ano, mentres o tema Jumping Bits de Assembly Point foi recoñecido como mellor canción. Por vez primeira, os gañadores coñecéronse por vez primeira na gala, agás o premio Andaina Senlleira, que levou Fucxan os Ventos e que xa se coñecera con anterioridade.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos