Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O gaiteiro Óscar Ibáñez debuta en solitario

ALéN DO MAR ESTá PUBLICADO POR OUVIRMOS

O gaiteiro Óscar Ibáñez debuta en solitario

FOLK | outubro 8, 2012

oscar_ibanhez_alendomar.jpg

A colección Discos Selo Vir de Ouvirmos acolle o debut discográfico en solitario de Óscar Ibáñez. O gaiteiro e frautista une melodías sudamericanas que se integraron no repertorio galego pola a emigración con temas propios do país e elementos de música celta. A mestizaxe que guía os once temas do proxecto está tamén presente na lista de colaboradores, con presenzas internacionais como o irlandés Diarmaid Moynihan, o cubano Oscar Rodríguez, os brasileiros Sergio Tannus e Paulo Silva ou os venezolanos Pablo Camacaro e Néstor Gil entre outros. Ibáñez está acompañado no proxecto da banda que habitualmente o acompaña nos directos, foramdas por Fernando Fraga, Harry Price, Carlos Calviño, Paco Dicenta e Andrés Vilán.

datos do disco