Carlos Núñez presenta Discover cunha xira americana
outubro 5, 2012
Aínda que xa se pode adquirir desde o pasado mes de marzo en países como Francia ou Suíza, Carlos Núñez viaxa ata Nova York para presentar o seu novo traballo Discovery. Un concerto mañá na sala Drom de Manhattan será o comezo da xira que o levará por Estados Unidos e Canadá para dar a coñecer o disco. Discovery é un duplo álbum que achega un total de 39 temas do autor, unha boa parte dos cales están intepretados con outros músicos como The Chiftains, Dulce Pontes, Montserrat Caballé, Dulce Pontes, Carlinhos Brown ou Ryuichi Sakamoto. Canda a clásicos do repertorio do gaiteiro, o disco achega catro temas inéditos. O disco está editado por Sony Music.
Tamén che pode interesar:
- 22/ 1/ 2014 | Carlos Núñez repasa o legado celta no seu novo disco
- 28/ 1/ 2013 | Carlos Núñez inicia unha xira de seis concertos polo Reino Unido
- 28/ 3/ 2007 | O trío de Marcos M. Vázquez presenta en xira por Galicia o seu primeiro disco
- 17/ 3/ 2003 | Carlos Núñez presenta “Almas de Fisterra”, o seu novo disco