Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Kathaarsys presenta Rara Vez
Xénero:
| 16 / 4 / 2012Rara Vez é o título do sexto álbum de Kathaarsys que está xa dispoñible. Cinco temas que totalizan 40 minutos nos que o grupo emprega o galego nas letras e introduce por vez primeira o piano. Seguindo co espírito de experimentación que iniciaran en anteriores obras, Kathaarsys achégase a estilos como flamenco, o folk ou a música de cámara sen abandonar o seu particular estilo con influencias do metal. É precisamente no circuíto metaleiro onde se vai desenvolver a xira de presentación do disco, que xa comezou e que os levará a escenarios tan afastados como Finlandia, Letonia ou Alemaña e para a que xa teñen máis de 25 datas.
Ruxe-Ruxe volve con forza renovada en Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras
Xénero:
| 15 / 3 / 2012Desde o compostelán barrio de Aríns sae o oitavo traballo discográfico dos Ruxe-Ruxe, a través do seu propio selo Lobicán Records poñen na rúa Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras. Dezasete cancións compoñen este traballo da banda gravado en Nigrán nas instalacións de Oceano Estudio co produtor Javier Abreu como xa fixeran no anterior traballo Na fura de diante(Lobicán records,2010). Como é habitual no grupo foron quen de congregar valiosas colaboracións para o seu disco como Xavier Díaz (Berrogüetto), Dios ke Te Krew, Roi Maceda (Quempallou), Bocixa (Zenzar) e Esteban (Skacha).
Confírmase a celebración do Festival do Norte e parte do cartel de actuacións
Xénero:
| 5 / 3 / 2012Los Enemigos, Fangoria, Love of Lesbian e Nancys Rubias estarán no cartel da undécima edición do festival do Norte que se vai celebrar en Vilagarcia os días 27 e 28 de abril. Esta será a primeira actuación de Los Enemigos na súa volta aos escenarios e a organización segue a traballar para incorporar nomes aos carteis dos dous días. A viabilidade dunha nova edición do Festival do Norte estaba en dúbida ante os recortes orzamentarios previsibles este ano nas achegas das administracións públicas local e autonómica ademais de nos patrocinios. O mes pasado sóubose que o Concello de Vilagarcía decidira recortar a súa achega económica pasando dos 60 mil euros da edición de 2011 a 24 mil euros para este ano o que puxo en cuestión a posibilidade de contar con grandes bandas internacionais. As entradas venderanse a un prezo de 30 euros o abono, 5 euros menos que na edición anterior. En 2011 13.339 persoas pasaron polo Festival do Norte, que ademais de concertos inclúe outras actividades paralelas.
Aerolíneas Federales recupera as súas gravacións “perdidas”
Xénero:
| 21 / 2 / 2012Hasta El Final Y Más Allá... [Demos 1983-1993] é o título do disco co que o grupo vigués Aerolíneas Federales volve tras 21 anos aos catálogos de novidades discográficas da man do selo Elefant Records.
Machina lanza Ensaio sobre o silencio
Xénero:
| 20 / 2 / 2012A finais de 2011 entraban no estudio, e o pasado venres presentaban en Compostela a primeira audición pública. Machina lanza o seu segundo LP, Ensaio sobre o silencio, no que achegan trece temas cheos de forza no que mesturan os ritmos do rock e o metal alternativos, co hardcore. O volume, gravado nas instalacións de Javier Abreu coa produción de Pablo Iglesias, conta coas colaboracións de O Leo i Arremecaghona, Juan Prego, Diego Carreira, César Ríos e Nacho Goris. A estrea oficial do disco será o vindeiro 17 de marzo nun concerto en Cerceda.
Isi Vaamonde Band lanza o seu primeiro disco
Xénero:
| 7 / 2 / 2012Engadindo un Band ao seu nome, o músico cambadés afincado en Madrid Isi Vaamonde presenta o seu primeiro disco, Live in heartland. A obra gravouse nos estudios Abrigueiro de Guimarei coa banda a tocar ao vivo e foi autoproducido polo galego. Na liña dos seus anteriores EPs, Vaamonde mantén a súa aposta polo folk-rock americano con letras en inglés, e achega 12 temas habituais do seu repertorio, mesturando composicións orixinais con dúas versións de David Bowie (Heroes) e mais Inmaculate Fools (Wish you were here). Canda a Vaamonde, participan no proxecto Jesús Parra, Edu Pulpillo, Gonzalo Peñalosa, Jaime Caro e Volker Ledwig. A obra, autoeditada, está á venda por dez euros.
Volven os Heredeiros da Crus
Xénero:
| 19 / 1 / 2012O grupo de rock Heredeiros da Crus anunciou o seu regreso á escena musical, despois da súa retirada dos escenarios en 2005. Será o día 3 de marzo na discoteca LP45, en Ordes, e conmemorará os 20 anos de nacemento da banda en Castiñeiras (Ribeira). Os Heredeiros foron un importante grupo de rock dos anos 90 famoso pola súa participación no Xabarín Club e polo seu estilo: temas provocadores cantados na variante dialectal das Rías Baixas. O concerto será o principio dunha xira, durará máis de dúas horas e "con sección de metais, coros e piano incluído".
Skacha anuncia un parón indefinido
Xénero:
| 20 / 12 / 2011Logo de vinte anos de traballo no punk-rock galego, o grupo Skacha disólvese. O seu web recollía o pasado día 17 o anuncio da banda dun "parón indefinido" que os membros achacan "ás circunstancias da vida". Malia a que non desbotan a posibilidade de se reunir de xeito puntual o grupo como tal non continuará a súa actividade, logo "dunha decisión moi meditada e nada doada". Os compoñentes de Skacha animan os seus seguidores a continuar apoiando outros proxectos nos que participan.
O concerto dos vinte anos
Xénero:
| 19 / 12 / 2011O local A Taberna, de Cerceda acollía o pasado sábado 16 a presentación do DVD Zënzar ao vivo. O grupo presenta nesta produción o concerto que dera nesta mesma localidade en 2009, a coincidir co seu vinte aniversario e contando con numerosas colaboracións. Ademais da actuación en Cerceda, que contou coa presenza de Xurxo Souto, María Xosé Silvar “Ses” ou Javier Pardeiro “O reverendo”, entre moitos outros, a banda ofrece outro recital con convidados no Badulake de Ordes o vindeiro 23 de decembro. Nestas presentacións está a venda unha edición limitada do DVD autoeditado, que chega ás tendas o vindeiro mes de xaneiro.
Kathaarsys saca o seu novo traballo gravado en directo na Sala Capitol
Xénero: VIDEO
| 19 / 10 / 2011 +O grupo compostelán de metal escuro progresivo Kathaarsys ven de sacar á rúa un novo traballo The Concept baseado na gravación do seu concerto na Sala Capitol de Santiago o 9 de outubro de 2010 dentro da xira “Intuition Tour”. The Concept preséntase nun formato de libro con CD e DVD da actuación en directo e está editado pola súa propia discográfica e produtora Silent Tree.
novidades discográficas
San Antonio
Los Eternos
Deleiba
III
Grande Amore
Trankimasín
Heredeiros da Crus
Xabral
Ruxe Ruxe
REPORTAXE

Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música