Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Medomedá debuta con Mellorando pa peor
Xénero:
| 19 / 9 / 2012Logo de catro anos de actividade, Medomedá lanza o seu primeiro disco, co título de Mellorando pa peor. O CD achega doce cancións e mais unha introdución, incluíndo temas como Quero ver como te ris, que se presentara ao certame Apologhit! canda a outros coñecidos dos seus directos como Vas de guai e non chegas a chachi ou Un polbo botábao. O grupo mantén o seu estilo habitual, con fortes influencias do rock de Heredeiros da Crus. Ademais, Medomedá publicou no web Soundcloud extractos dos seus temas para o seu uso como tons de chamada de teléfonos. O disco foi gravado no estudio Pousada Son de Ames, e sae autoeditado baixo licenza Creative Commons.
Manic Street Preachers e The Hives encabezan o cartel de Music Way
Xénero:
| 31 / 8 / 2012Toma o relevo do Rock in Way e pretende ser unha cita relevante do rock en Galicia. Music Way ten os coñecidos Manic Street Preachers e The Hives como principais reclamos dun cartel que inclúe tamén a bandas como The Courteeners, Layabouts ou os galegos Heredeiros da Crus, Holywater, Maryland, Munich e The Cornelius. O programa, que xa ten o seu abono á venda, tamén se reserva algunha sorpresa internacional. Ademais, destaca unha sesión especial pensada para nenos. Brodas, Alondra Bentley, Mamá cabra e diferentes obradoiros (de dj, contrucción de instrumentos reciclados, customización de camisetas, taller de fotografía musical…) para que os máis pequenos se inicien neste xénero musical. A cita será o 28 e 29 de setembro, no recinto feiral de Amio en Santiago.
Aberta a convocatoria para participar na segunda edición de Woodstock a nuestro gustok en Teo
Xénero:
| 7 / 8 / 2012A macro-jam session , ou “Xan sesión” como eles din, ao aire libre Woodstock a nuestro gustok volverá celebrarse un ano máis no Concello de Teo e xa está aberto o prazo dos músicos para inscribirse. O evento que colle o nome dese mítico concerto de 1969 consiste nun concerto “improvisado” pero organizado, no que cada músico ofrécese para interpretar algunhas das cancións elixidas pola organización co seu instrumento ou na voz e é a propia organización a que vai xuntándoos en formacións diversas. Trinta e catro temas saídos directamente das listas anglosaxoas do rock e rhythm & blues dos anos sesenta e setenta serán o repertorio para este encontro que o pasado ano celebrouse na parroquia de Francos en Teo, onde previsiblemente volverán este vindeiro 22 de setembro.
Chega ás tendas o DVD ao vivo de Heredeiros da Crus
Xénero:
| 12 / 7 / 2012Os fans de Heredeiros da Crus xa poden gozar na casa de vinte e cinco temas do concerto que reuniu o grupo na discoteca LP-45 de Ordes o pasado 3 de marzo. O DVD Heredeiros da Crus - 20 aniversario, que recolle boa parte desta actuación, está xa nas tendas da man de Airapro Producións, e inclúe ademais os vídeos promocionais deste evento. O álbum, que supón o noveno lanzamento do grupo, pode adquirirse por 15 euros nas principais librarías, discográficas e centros comerciais de Galicia.
Jabon Blue volta con Niña de las manos frías
Xénero:
| 3 / 7 / 2012O cuarto disco de Jabon Blue, Niña de las manos frías, está xa dispoñible na rede en diferentes plataformas. A banda que capitanea Javi Manero lanza álbum a coincidir co retorno do seu líder a Heredeiros da Crus. Dez temas en castelán nos que o son do grupo amosa tons máis pop do que en traballos anteriores e que chega de man da discográfica Indies Traicioneros. A presentación oficial será o vindeiro seis de xullo na sala Plaza de Ribeira e chegará as tendas en días posteriores.
Blows presenta Ejército de fantasmas
Xénero:
| 1 / 6 / 2012Tiran o "The" do seu nome e pasan a usar o castelán nas letras en troques do inglés como ata agora. Blows publican, logo de máis de dous anos de agarda, Ejército de fantasmas, o seu novo proxecto discográfico. Os doce temas, autoeditados, ven a luz nunha curiosa fórmula que inclúe a edición de 6 singles e 2 EP's co conxunto dos temas, que están a ver a luz desde mediados do pasado mes de maio a un ritmo de tres ou catro semanas cada un. A obra estará dispoñible na rede e sairá tamén nunha edición física ultralimitada.
Fillos Resentidos
Xénero:
| 10 / 5 / 2012Conseguiron, en plenos anos oitenta, que un tema en galego chegase ao número un das listas de éxitos estatais. Expresións presentes nas súas cancións integráronse na fala popular. Anovaron no pop-rock feito na nosa lingua. Agora, trinta anos despois do seu nacemento, unha masiva homenaxe amosa a importancia da pegada que Os Resentidos deixaron na nosa cultura. Analizamos a súa influencia.
Zënzar presenta Vaise armar
Xénero:
| 8 / 5 / 2012A sala Josfer de Ordes acollía o pasado sábado a presentación de Vaise armar, o sexto traballo de Zënzar. O disco autoeditado supón, segundo o grupo, un traballo maduro musicalmente e aberto a ritmos que se foron incorporando ao seu repertorio. Rock con letras combativas que teñen en moitos casos na crise económica e nos recortes sociais o seu eixe. Loli Nogueira colabora co grupo no tema Contigo e sen ti, e queda espazo para que a banda bote a vista á súa traxectoria en Todo vai ben. O MySpace do grupo achega unha selección dos temas para a súa escoita en liña.
Funk'n Bastards estréanse con Brainstorming
Xénero:
| 4 / 5 / 2012Logo dunha extensa traxectoria nos escenarios, o grupo pontevedrés Funk'n Bastards presenta o seu primeiro disco. Brainstorming presenta unha serie de temas nos que, sobre unha base de funk cantada en inglés vanse engadindo elementos de rock, blues ou bossanova entre outras correntes. Logo da presentación do álbum, autoeditado, o pasado 27 de abril na Fábrica de Chocolate (Vigo) o grupo prevé continuar coas presentacións do proxecto. Está dispoñible xa na rede unha mostra do traballo, así como a primeira maqueta do conxunto, que se pode descargar de xeito íntegro.
Unha xira continuará o reencontro dos Resentidos
Xénero:
| 17 / 4 / 2012O concerto de homenaxe que reunirá Os Resentidos en Ourense o vindeiro doce de maio non será o único da banda este ano. Cando se fan 30 anos do nacemento do grupo, os seus membros realizarán unha xira que os levará por diferentes escenarios de Galicia e de España, segundo anunciou onte o líder da banda, Antón Reixa, en Madrid. Aínda sen confirmar as datas e lugares dos recitais, o cantante adiantou que a xira está previsto que se realice entre os meses de agosto e outubro deste ano.
novidades discográficas
San Antonio
Los Eternos
Deleiba
III
Grande Amore
Trankimasín
Heredeiros da Crus
Xabral
Ruxe Ruxe
REPORTAXE

Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música