Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Miguel Costas chama a participar no seu vindeiro vídeo
Xénero:
| 7 / 3 / 2013Aínda que non estará á venda ata o vindeiro 5 de abril, Miguel Costas presenta cun concerto na compostelá Sala Capitol Alguien tenía que hacerlo, o seu novo disco. Será este domingo a partir das 20 horas, e os asistentes poderán facerse de xeito exclusivo con copias do traballo antes da súa distribución. Segundo adianta o artista, o CD pretende encher un baleiro no panorama musical apostando polo rock máis clásico. Costas tamén abriu ata o vindeiro domingo o prazo para que as persoas interesadas en aparecer no vídeo do primeiro tema do novo disco. Os interesados deben contactar coa banda vía correo electrónico e gravarse diante da súa webcam a cantar parte da canción.
Chega 8, o debut dos John Deeres
Xénero:
| 26 / 2 / 2013"Rock clásico en galego adubado con pinceladas hard rock e pingas de psicodelia", esta é a propotas que realizan os John Deeres en 8, o seu primeiro traballo. Unha proposta autoeditada na que achegan oito temas integramente en galego que deixan sentir estas influencias. Logo de realizar unha pescuda por cantante en 2011, o grupo incorporou a Ferni na voz, quedando a composición con Xermán (batera), Marcos (baixo), Mustaf (guitarra) e Reices (teclados). Segundo recoñecen, a nova voz "achega á banda máis contundencia setentera". O traballo, autoeditado está gravado nos estudios Litium de Pontevedra e pode escoitarse xa de balde en plataformas como Grooveshark, Spotify ou iTunes entre outras. As copias físicas do LP están tamén en tendas.
Terbutalina chega con Ritmo Serbio
Xénero:
| 25 / 2 / 2013Ritmo Serbio é o título do segundo LP de Terbutalina. A banda gastropunk presentaba a pasada semana o seu novo traballo lanzándoo integramente de balde para se ouvir en liña nas máis diversas plataformas e coa posibilidade da súa descarga. Catorce temas enérxicos e breves na liña punk do seu primeiro traballo, nos que a guitarras acadan un maior protagonismo e se detectan uns arranxos máis coidados. O álbum gravouse nos estudios A Ponte de Tomás Axeitos e mesturouse en Estudios Mandelson. O vindeiro 7 de marzo a Sala Capitol acollerá a presentación do traballo, nun concerto no que tamén estarán Familia Caamagno.
Un CD para dar a coñecer o Live for Madness
Xénero:
| 4 / 2 / 2013Tal como están as cousas, que o festival Live for Madness chegue á súa terceira edición xa é unha boa nova. Pero ademais, esta cita para os amantes do rock máis duro chega reforzada, cun novo web e un cartel con 5 grupos. Inordem, 13 Left to Die, N.O.T., Barbarian Prophecies e Above the Seas achegarán sons desde o trash ao hardcore, pasando polo heavy e o death metal á sala ourensá Berlín.
Dixie Town presenta O furacán
Xénero:
| 23 / 1 / 2013O cuarto disco de Dixie Town xa está na rúa. En O furacán a banda amosa, segundo eles mesmo din "a súa variedade de rexistros". Desde o blues ao rock sureño, a banda viguesa achega 14 temas en inglés que amosa o seu bo facer xogando con referencias como Captain Beefheart, Blue Cheer, Spencer Dickinson, Ten years after, ou Grand Funk Railroad. Gravado nos estudios Tigruss de Gandía, con produción de Mike Mariconda, o disco está dispoñible integramente na rede. O grupo inicia agora a xira de presentación, que terá a súa vindeira parada na Sala Rouge de Vigo o vindeiro 23 de febreiro.
Homenaxe en clave de rock
Xénero:
| 21 / 1 / 2013Se gravar un disco de homenaxe xa supón un desafío a nivel de coordinación e traballo, conseguir facelo no máis absoluto secreto, cuns homenaxeados aínda en activo ten máis mérito. Pois é o que acaban de conseguir dezaoito grupos galegos con Vai polos padriños, un disco que quere celebrar os vinte e cinco anos en activo de Zënzar. A iniciativa súmase a unha lista en crecemento de discos tributo e amosa que a nosa música olla para referentes propios.
Holywater lanza Wasteland
Xénero:
| 17 / 1 / 2013Dous anos depois do seu anterior traballo, Holywater retornan ao mercado discográfico con Wasteland, o seu quinto disco. Once temas orientados ao rock máis clásico, achegándose ao son de Neil Young e Crazy Horse. Un traballo gravado en Ultramarinos Costa Brava por Santi García, que tamén actúa como coprodutor, e que sae á luz da man de Ernie Records. O álbum está dispoñible en tendas, no web de Ernie Records e mais en plataformas dixitais como Spotify. Os interesados en coñecer o traballo en directo teñen unha opción o vindeiro 23 de xaneiro na Sala C de Santiago de Compostela.
Esquíos presenta un disco ao vivo
Xénero:
| 11 / 1 / 2013O primeiro disco de Esquíos ao vivo está xa dispoñible para descarga na rede. Esquíos ao vivo!(Capitol) recolle o concerto que o grupo deu o 19 de maio de 2010 nesta sala compostelá, para presentar Galician carraxe on garaxe. A obra recolle 22 temas propios e mais unha versión de Radio Océano, e foi gravada pola Radio Galega e emitido no programa Planeta Furancho. O grupo pon agora na rede o traballo íntegro para a súa descarga de balde como un agasallo de reis.
Patricia Moon lanza Oxytocin
Xénero:
| 22 / 11 / 2012Coa definición de rock lunático, a viguesa Patricia Moon lanza Oxytocin, o seu segundo traballo discográfico. Da man de Dulcimer Songs e Emi Music, achega dez temas nos que se achega ao rock americano e aposta por un son máis eléctrico sen abandonar o violín que a caracteriza. O volume cantado integramente en inglés, achega tamén unhas letras máis íntimas, e preséntase como o resultado da experiencia da cantante en Estados Unidos.
Telephones Rouges lanzan o seu primeiro disco
Xénero:
| 16 / 10 / 2012Xa se pode escoitar íntegro Disenso o primeiro disco da banda Telephones Rouges, en Bandcamp. Once temas de rock escuro con fortes toques de punk que manteñen o estilo cheo de enerxía que xa deron a coñecer nos seus directos e mais en colectáneas como Galician Bizarre. O disco sairá a venda en formato vinilo o vindeiro 5 de novembro da man de Mama Vynila Records e Matapadre, e estará dispoñible para libre descarga a partir da mesma data. O grupo gravou este traballo nos estudios A Ponte, e mesturouno en Círculo Polar Estudio.
novidades discográficas
San Antonio
Los Eternos
Deleiba
III
Grande Amore
Trankimasín
Heredeiros da Crus
Xabral
Ruxe Ruxe
REPORTAXE

Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música