Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Holywater lanza Wasteland

O áLBUM EDITADO POR ERNIE RECORDS, SAE EN VINILO E CD

Holywater lanza Wasteland

ROCK | xaneiro 17, 2013

capa_wasteland_holywater.jpg

Dous anos depois do seu anterior traballo, Holywater retornan ao mercado discográfico con Wasteland, o seu quinto disco. Once temas orientados ao rock máis clásico, achegándose ao son de Neil Young e Crazy Horse. Un traballo gravado en Ultramarinos Costa Brava por Santi García, que tamén actúa como coprodutor, e que sae á luz da man de Ernie Records. O álbum está dispoñible en tendas, no web de Ernie Records e mais en plataformas dixitais como Spotify. Os interesados en coñecer o traballo en directo teñen unha opción o vindeiro 23 de xaneiro na Sala C de Santiago de Compostela.

datos do disco