Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / música en galego

Música en galego

O Proxecto ELO lanza o seu primeiro disco

Xénero: Miscelánea | 20 / 2 / 2015

ELO_Rosalia_Fernandez_Serxio_moreira.jpg

Os textos dos poemarios Vinte en Escena e Ningún amante sabe conducir son a base e Proxecto ELO. Rosalía Fernández Rial como autora dos textos e Serxio Moreira levan ao disco as versións que presentaron en espectáculos ao vivo por todo o país. Versos recitados, efectos de son, música experimental e electrónica danse cita nos doce cortes deste volume, dispoñible en formato físico e en BandCamp.

Deseqilibrio Mental presenta Séculos Escuros

Xénero: Rock | 17 / 2 / 2015

seculos_escuros_I_deseqilibiro_mental.jpg

Catro anos logo do lanzamento de Con Q sen U, Deseqilibrio mental presenta o seu segundo traballo, Séculos Escuros. O grupo de metal rock continúa a apostar polo galego e por letras comprometidas nun álbum que se ten como eixe os tempos que estamos a vivir. O proxecto preséntase en tres partes, da cales a primeira, con cinco temas, está xa dispoñible en formato físico e dixital. O álbum gravouse en Pousada Son e sae editado baixo o selo Lobicán Records

Lagharteiras leva o seu traballo de investigación ao disco

Xénero: Folk | 11 / 2 / 2015

lagharteiras_lagharteiras.jpg

Logo de anos de traballo a recoller e interpretar pezas da nosa tradición musical, o grupo Lagharteiras compila parte deste traballo no seu primeiro álbum. Lagharteiras amosa pezas recollidas por este grupo de oito pandeireteiras coa dirección de Carlos Álvarez. O colectivo leva desde 2007 a traballar a prol da música e do vestiario tradicional e mantén a súa base no Concello de Mos.

O Fiadeiro convida a viaxar con José do Campo

Xénero: Folk | 5 / 2 / 2015

Josedocampo_ofiadeiro.jpg

Catorce temas a facer un percorrido por músicas de raíz, desde O Courel ata Nova Orleáns, compoñen o último lanzamento da Asociación Cultural o Fiadeiro, de Vigo. A viaxe de José do Campo convida a un percorrido musical na forma de conto nun libro CD realizado por Xavier Balsas e Rafa Crespo, con ilustracións de Xacobe Bobillo. Os temas están interpretados polo grupo de música O Fiadeiro e o álbum inclúe ademais letras de cantigas, partituras e propostas de actividades para desenvolver en aulas. Gravado en Chispún! Estudio, o álbum está coeditado polo Fiadeiro, Inquedanzas Sonoras e mais Ton e Son Editorial.

Pablo Díaz volta ao formato CD con Xente miúda moita fartura

Xénero: Infantil | 4 / 2 / 2015

xentemiuda_pablo_diaz.jpg

Tito Calviño e Carmen Rey acompañan a Pablo Díaz na súa nova aposta musical. Logo do éxito de Tic Tac e Toc Toc, o músico presenta Xente miúda moita fartura, un proxecto autoeditado no que retorna ao formato disco e que orienta a un público de entre 0 e 5 anos. Os trece temas do traballo teñen como protagonistas elementos próximos aos máis novos, como poden ser "os insectos, recoller os xoguetes, as cremas de verduras, ou celebrar en galego un aniversario". O Pazo da Deputación de Lugo acolle esta tarde o recital de presentación do proxecto, e para os vindeiros 21 e 22 de febreiro será o Fórum Metropolitano da Coruña o que aconlla senllos recitais.

Estrelas do folk galego reúnense en Rústica

Xénero: Folk | 3 / 2 / 2015

rustica_pato_salvado_pintos_comesanha.jpg

Da man de Cristina Pato, que buscaba un reencontro coa música do país cando cumpría quince anos de carreira, naceu Rústica. O disco que presenta agora Fol Música reúne a gaiteira e pianista con Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña para interpretar cancións nos que a voz, a percusión, a gaita o acordeón e a zanfona toman o protagonismo. En total, o cuarteto gravou oito temas tradicionais, varios deles acompañados de letra de autor, nos estudios vigueses Ultrasónica. O disco sae á venda o vindeiro 10 de febreiro.

Lulavai presenta Lémbrame un soño

Xénero: Folk | 2 / 2 / 2015

lembrame_un_sonho_lulavai.jpg

Catro despois do seu primeiro traballo, o cuarteto de arpas Lulavai acaba de presentar Lémbrame un soño, o seu novo proxecto. As catro antigas compoñentes da Orquestra Sondeseu atrévense coa composición no seu segundo traballo. Sete dos dez temas que se poden escoitar no disco naceron do maxín destas músicas, mentres os outros tres son temas populares. As arpas e as voces marcan a sonoridade do traballo, que se gravou nos Estudios Ancestral de Xustáns, Pontevedra, e que está á venda da man de Inquedanzas Sonoras.

Oh Trío recupera o Cancionero Gallego de Torner e Bal y Gay

Xénero: Fusión | 29 / 1 / 2015

imaxe non dispoñible

Reinterpretar unha selección de pezas recollidas por Torner e Bal y Gay. Esta é a proposta que fai Oh Trío con Cancionero Gallego, o seu segundo álbum. O proxecto reinterpreta nove temas escolleitos desta obra con instrumentos como a guitarra acústica, a zanfona, a caixa de ritmos ou a batería. Influencias do jazz e atmósferas envolventes transforman os sons tradicionais neste proxecto formado por Germán Díaz, Antonio Bravo e Diego Martín.

Quempallou inicia a distribución dixital do seu último disco

Xénero: Folk | 16 / 1 / 2015

imaxe non dispoñible

O grupo folk Quempallou iniciou a distribución do seu quinto proxecto discográfico directamente nas plataformas dixitais. Vanse realizar catro entregas, cada unha con tres temas orixinais, e cada un deles chamarase Quarteirón. Ademáis, na futura publicación en CD incluiranse revisións dos temas, unha vez pasados polo tempo da interpretación en directo. No álbum de Quempallou altérnanse os temas orixinais con outros tradicionais do oriente galego.

Emilio rúa presenta o seu Destino Sur en Compostela

Xénero: Cantautor | 15 / 1 / 2015

destino_sur_emilio_rua.jpg

Acompañado de Carlos Blanco como mestre de ceremonias, o cantautor Emilio Rúa achégase esta noite a Compostela para presentar o seu último traballo. Destino Sur, autoeditado logo dunha exitosa campaña de crowdfunding, achega trece novos temas nos que evoca a Nova Canción Galega. Versións de Miña Maruxiña, de Andrés Do Barro, e do María Soliña de Celso Emilio Ferreiro combínanse con Yip Harburg (Nun lugar do arco da vella) e mais o Antonio Vega de A moza de onte. Temas de carácter social e intimista altérnanse nos trece temas do volume. O concerto, que fai parte da xira de presentación do traballo, será ás 21 horas no Salón Teatro.

<< Inicio / Anterior . 621 a 630 de 1395 . Seguinte \ Fin >>