Estrelas do folk galego reúnense en Rústica
febreiro 3, 2015
Da man de Cristina Pato, que buscaba un reencontro coa música do país cando cumpría quince anos de carreira, naceu Rústica. O disco que presenta agora Fol Música reúne a gaiteira e pianista con Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña para interpretar cancións nos que a voz, a percusión, a gaita o acordeón e a zanfona toman o protagonismo. En total, o cuarteto gravou oito temas tradicionais, varios deles acompañados de letra de autor, nos estudios vigueses Ultrasónica. O disco sae á venda o vindeiro 10 de febreiro.