Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / música en galego

Música en galego

Talabarte presentan Fake un libro-disco de historias e músicas incertas

Xénero: Folk | 19 / 10 / 2016

not_26761.jpg

"Cóntase que os Talabarte viaxaron durante 15 anos a bordo do Tradincerto, e descubriron unha serie de historias que espertaron o seu interese e fascinación". Así se presenta Fake, o novo libro-disco de Talabarte, que verá a luz o 18 de novembro. Co fío condutor desas historias que non se sabe canto teñen de real e canto non, compilan ritmos bailables da tradición europea, e mesmo de alén do Atlántico: mazurcas, schottish, milongas, polskas ou tarantellas. O trío formado en 2004 por Quim Farinha (violino), Kin García (contrabaixo) e Pedro Pascual (acordeón diatónico) presenta o seu segundo traballo discográfico que estará disponible a partires do 18 de novembro en formatos físicos e dixitais. Temas de este novo traballo poderán escoitarse hoxe mesmo no Opening Concert que abre o WOMEX en Santiago e no que estará o trío como parte da representación da música galega, xunto ao Cuerteto Caramuxo, ante os profesionais acreditados na feira. O libro-disco xira en torno a "fakes" históricos, sae á venda nun gran formato: un CD de 12 temas que vai insertado nun libro de 33x33cm de 50 páxinas con ilustracións de Pablo Pastor e textos de Carlos Meixide.

Nani García Trío revisita as bandas sonoras desde o jazz en Cinema-Tojazzia

Xénero: Jazz/Blues | 14 / 10 / 2016

not_26747.jpg

Usando as composicións que o propio Nani García (A Coruña, 1955) fixo para acompañar distintas obras audiovisuais e teatrais, coma Limpeza de Sangue, De profundis ou Gran Sol, o trío de jazz que leva o seu nome ven de presentar o disco Cinema-Tojazzia (Xingra). Neste novo rexistro o músico coruñés ao piano, acompañado de Miguel Cabana (batería) e Simón García (contrabaixo) colle estas composicións e dalles unha volta pola súa interpretación máis jazzística achegada á improvisación adaptando as melodías a estes espazos musicais. O trío faise acompañar dun cuarteto de corda nas gravacións, formado polos cubanos Eduardo Coma e Lázaro Williman González nos violíns, Raymond Arteaga na viola e Luis Enrique Caballero no violoncello. Con eles o sabor cinematográfico da música non deixa de estar presente en ningún momento. Nove temas contén Cinema-Tojazzia: "De profundis", "Grande Sole", "Limpeza de sangue", "Agoiro do mar ferido", "Vals de Celavella", "Pratos combinados para trío","Preludio nº1 para cuarteto de corda e percusión", "Bosquexos sobre El niño de Barro" e "Quen me dera na casiña". A proposta de Cinema-Tojazzia presentouse inicialmente en público no festival Imaxinasons de Vigo deste ano. Nani García é produtor e compositor, dirixe o festival Imaxinason e recentemente fixo a dirección artística da primeira edición da Semana das Músicas do Audiovisual.

Os ourensáns Os Amigos dos Músicos presentan disco

Xénero: Folk | 4 / 10 / 2016

amigosdosmusicos.jpg

Xa se poden escoitar en varias plataformas dixitais os primeiros temas do primeiro disco da banda ourensana Os Amigos dos Músicos. O disco, de título homónimo ao grupo, sairá á venda o vindeiro 14 de outubro. O selo Gran Derby Records representa á banda e edita este traballo. A banda está formada por Jaime Mateo, Arcadio Nóvoa, Raúl Diz, Daniel Alonso, Druso Pedrouzo e Álvaro A. Rivera. xa está dispoñible o seu primeiro vídeo co tema A Bnada que abre o disco. O vídeo está escrito, dirixido e realizado por María Grande, artista que temén se encargou do deseño da portada do disco.

Almudena Janeiro musica os libros de OQO editora en Máis contos en cantos

Xénero: Infantil | 3 / 10 / 2016

mais_contos_cantos_oqo.jpg

Logo do éxito de Contos en cantos Almudena Janeiro volve adaptar e pórlle voz e música ás historias da editorial OQO. O libro-CD Máis contos en cantos acaba de ver a luz da man da propia editora cunha selección de temas que exploran os máis variado estilos. Desde o reggae de A máscara do león á polca con Maruxa ou o corrido mexicano de A voda do Galo Pinto. O proxecto conta cunha capa Borja Gerrero e reproduce ilustracións dos diferentes libros que se adaptan.

Héctor Lorenzo musica a Raúl Gómez Pato

Xénero: Cantautor | 15 / 9 / 2016

cousas_papa_g_pato_h_lorenzo.jpg

Un libro de dezasete poemas para os lectores e as lectoras máis novas. Esta é a proposta de Cousas de papá, o libro de Raúl Gómez Pato que xa se pode atopar nas librarías da man edicións xerais. Segunso explica a presentación do volume "é un libro de poemas escritos por un pai algo tolo e moi divertido, que viaxa en vasoira, constrúe hidroavións de papel, escorrenta os pesadelos e domina á perfección a linguaxe da fantasía". Para alén dos versos, o volume achega moito máis, xa que os textos están arroupados polas ilustracións de Blanca Barrio, e dez dos dezasete foron musicados por Héctor Lorenzo e conta con colaboracións de Ana Domínguez Senlle, Lucia da Fonte, Manolo Carballo, Paulo Silva, Sérgio Tannus, Quim Farinha e Uxía.

aCentral Folque publica Cantos de cego de Galiza e Portugal

Xénero: Folk | 14 / 9 / 2016

cantos_cego_gz_pt_ninas_e_prata.jpg

Aínda que fixeron un adianto en xullo, no marco do encontro Zona da Zanfona, non foi ata o pasado 11 de setembro que César Prata e Ariel Ninas presentaron de xeito oficial Cantos de cego de Galiza e Portugal. O novo disco que publica aCentral Folque percorre este patrimonio sonoro das dúas bandas da raia a recuperar pezas recollidas directamente de informates e rescatadas de cancioneiros. O dúo galego-portugués de músicos parte dunha base de voz, zanfona e guitarra que complementan con instrumentos como concertina, harmónica, adufes e percusións miúdas. Cantares de crimes, humorísticos, romances ou feitos históricos atópanse no álbum, que presentarán ao vivo ao longo deste outono. A vindeira cita para os escoitar será o 22 de setembro en Castelo Branco, Portugal.

Mónica de Nut tece con Luís Martíns Raíces aéreas

Xénero: Fusión | 26 / 8 / 2016

raices_aereas_mdnut_martins.jpeg

Os cantos tradicionais de mulleres son a base de Raíces aéreas, o terceiro disco de Mónica de Nut. A vocalista alíase co harpista Luís Martíns para presentar un álbum no que os aires de raíz se mesturan con tratamentos contemporáneos. Toques eléctricos, percusións anovadoras, atmósferas envolventes e, como é habitual na artista, un destacado traballo vocal combínanse coas colaboracións de Lucía Martínez nas percusións, zanfona e obxectos sonoros.

Milladoiro presenta un CD-DVD ao vivo en Ortigueira

Xénero: Folk | 18 / 7 / 2016

imaxe non dispoñible

A coincidir coa súa presenza a fechar onte, domingo 17 de xullo, a última edición do Festival de Ortigueira, Milladoiro presentou o seu novo traballo. Milladoiro en Ortigueira é un CD-DVD que recolle a actuación da banda neste mesmo evento en 2014. Para alén dunha actuación ao vivo no que a banda percorre boa parte dos seus grandes éxitos, o volume achegar tamén un documental sobre a vila e os comezos e a evolución do seu célebre festival. O álbum, editado por Cormorán Producións, elaborouse coa colaboración do Concello de Ortigueira.

Arturo Rodríguez é Indomable

Xénero: Cantautor | 14 / 7 / 2016

incond_imperfecto_indomable.jpg

O músico Arturo Rodríguez faino todo. Voz, guitarra, bombo, harmónica e pandeireta compoñen o seu arsenal en Indomable, un proxecto unipersoal co que acaba de presentar o seu primeiro traballo. Incondicional e imperfecto achega oito temas de aires indie-folk acústico con ambientes naturais gravados e arranxos de piano da man de Sergio Delgado. Neste novo proxecto o creador afástase das súas experiencias en xéneros como a electrónica e do seu traballo como parte de El Cuerpo del Ritmo para se centrar en temas íntimos e melódicos, que gravou nos estudios Bruar da Coruña. Logo de presentar o disco no Playa Club da Coruña a finais do pasado mes de xuño, a xira está prevista a partir do vindeiro mes de setembro con paradas en Pontevedra, Laxe, Ferrol, Ourense, Vigo ou Baiona.

Linho do Cuco debuta en Discos da Máquina con Viva Viva!

Xénero: Folk | 12 / 7 / 2016

viva_viva_linho_do_cuco.jpg

Aínda que se anuncia con data de abril, e comezaron a presentalo na pasada primavera, non foi ata finais do pasado mes de xuño que saiu á venda Viva Viva!. Linho do Cuco presenta baixo o selo Discos da Máquina o seu cuarto álbum de estudio, no que a banda do Deza continúa a liña de exploración dos sons de banda de música desde as raíces folk: Desta volta, o octeto mesmo se atreve con achegamentos ao jazz e presenta tres temas cantados como grande novidade. Carlos Quintá, Benxamín Otero, Pablo Doval, Pablo Bernárdez, Xián Herrera, Miguel Touriño, Pablo Pardo e Marcos Pérez mesturan rumbas, mazurcas ou jotas sempre a manter un son bailable e festivo.

<< Inicio / Anterior . 501 a 510 de 1395 . Seguinte \ Fin >>