Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Linho do Cuco debuta en Discos da Máquina con Viva Viva!

A BANDA CONTINúA A MESTURAR MúSICA DE RAíZ E SONS DE BANDA NO SEU CUARTO TRABALLO

Linho do Cuco debuta en Discos da Máquina con Viva Viva!

FOLK | xullo 12, 2016

viva_viva_linho_do_cuco.jpg

Aínda que se anuncia con data de abril, e comezaron a presentalo na pasada primavera, non foi ata finais do pasado mes de xuño que saiu á venda Viva Viva!. Linho do Cuco presenta baixo o selo Discos da Máquina o seu cuarto álbum de estudio, no que a banda do Deza continúa a liña de exploración dos sons de banda de música desde as raíces folk: Desta volta, o octeto mesmo se atreve con achegamentos ao jazz e presenta tres temas cantados como grande novidade. Carlos Quintá, Benxamín Otero, Pablo Doval, Pablo Bernárdez, Xián Herrera, Miguel Touriño, Pablo Pardo e Marcos Pérez mesturan rumbas, mazurcas ou jotas sempre a manter un son bailable e festivo.

datos do disco