Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / aCentral Folque publica Cantos de cego de Galiza e Portugal

CéSAR PRATA E ARIEL NINAS RECREAN ESTE PATRIMONIO MUSICAL

aCentral Folque publica Cantos de cego de Galiza e Portugal

FOLK | setembro 14, 2016

cantos_cego_gz_pt_ninas_e_prata.jpg

Aínda que fixeron un adianto en xullo, no marco do encontro Zona da Zanfona, non foi ata o pasado 11 de setembro que César Prata e Ariel Ninas presentaron de xeito oficial Cantos de cego de Galiza e Portugal. O novo disco que publica aCentral Folque percorre este patrimonio sonoro das dúas bandas da raia a recuperar pezas recollidas directamente de informates e rescatadas de cancioneiros. O dúo galego-portugués de músicos parte dunha base de voz, zanfona e guitarra que complementan con instrumentos como concertina, harmónica, adufes e percusións miúdas. Cantares de crimes, humorísticos, romances ou feitos históricos atópanse no álbum, que presentarán ao vivo ao longo deste outono. A vindeira cita para os escoitar será o 22 de setembro en Castelo Branco, Portugal.