Ti estás aquí > Inicio / música en galego
Música en galego
Unha formación lucense fixo a primeira gravación do himno galego
Xénero:
| 1 / 2 / 2008O 20 de decembro de 1907 tiña lugar no Gran Teatro de La Habana a primeira interpretación pública e solemne do Himno galego. Pero a primeira gravación desa partitura tivo lugar moito despois, en 1918. Así o afirma a casa discográfica Ouvirmos, que asegura que foi o coro “Cantigas e Aturuxos” de Lugo quen fixo o primeiro rexistro e non “Cantigas da terra” da Coruña, considerada ata o de agora como pioneira.
As discográficas galegas voltan do Midem con acordos comerciais
Xénero:
| 1 / 2 / 2008Zouma Récords, a Fábrica de Chocolate e Falcatruada voltaron con acordos do Mercado Internacional do Disco e da Edición Musical (Midem) que pechou onte en Cannes. Deste xeito, Zouma conseguiu un distribuidor do seu catálogo para Francia e acordou traballos de xestión e dirección neste mesmo país e no Reino Unido. Pola súa banda, La fábrica de Chocolate sentou as bases dunha estrutura ibérica e latinoamericana para a promoción dos seus artistas e a distribución do seu catálogo. Finalmente, Falcatruada realizou contactos para a distribución dixital do seu repertorio. En xeral, os participantes amosáronse contentos dos resultados que obtiveron neste encontro.
A Fundación Barrié presenta a edición crítica do “Cancioneiro musical de Galicia”
Xénero:
| 30 / 1 / 2008“O cancioneiro musical de Galicia”, de Casto Sampedro, unhas das principais escolmas que sobre a nosa música tradicional se fixo no século XX, xa ten edición crítica. A Fundación Barrié acaba de publicar unha revisión deste importante volume dentro do seu proxecto “Cancioneiros”, no que está a recuperar distintas obras deste tipo. A nova obra recolle máis 500 composicións populares coas súas correspondentes partituras.
O Concello de Lalín busca un novo equipo para as clases do conservatorio folk
Xénero:
| 30 / 1 / 2008O actual proxecto do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín remata. O Padroado de Cultura deste concello acordaba onte rexeitar a última oferta que o actual equipo docente, dirixido por Ugia Pedreira, lle realizara. O padroado considera que as condicións económicas presentadas non son asumibles e comezará a contratación de novos profesores para garantir o ensino de música tradicional na vila, nun novo conservatorio que dependerá directamente deste organismo.
O Parlamento desprázase a Ourense para un recital musical
Xénero:
| 29 / 1 / 2008O Parlamento de Galicia organiza un ciclo musical titulado "Convivir, convivencias" que se organizará nas principais cidades e que se inicia mañá, mércores, no Teatro Principal de Ourense, cun concerto da soprano Laura Alonso. O ciclo está organizado por Cristina Pato. Todos os diputados desprazaranse ata Ourense para asistir ao recital.
Máis información en La Voz de Galicia
Nace en Ourense a Federación Galega de Folclore
Xénero:
| 28 / 1 / 2008Doce grupos de todo o país botaron a andar sábado en Ourense a Federación Galega de Folclore. Este colectivo, que tivo a súa xuntanza fundacional no Edificio Simeón da Cidade das Burgas, quere “ser un punto de unión das distintas formas de ver o folclore” e agarda programar tres asembleas anuais. José Antonio Viñas, da agrupación Queixumes dos Pinos foi elixido presidente neste primeiro encontro.
Máis información en La Región
O programa “Pontevedra Escénica” recupera a actividade do Pazo da Cultura
Xénero:
| 24 / 1 / 2008A crise de programación que estaba a vivir o Pazo da Cultura de Pontevedra conta xa cunha primeira medida paliativa. O ciclo “Pontevedra Escénica”, organizado polo Concello, o propio Pazo e a Rede Galega de Teatros e Auditorios, achegará ata o vindeiro mes de abril un programa de seis producións no que se mesturan diversas artes escénicas. O “Humor neghro” de Carlos Blanco e Manecas Costa abre o ciclo o vindeiro 25 de xaneiro.
Máis información no Diario de Pontevedra, no web do Pazo da Cultura e no noso tema sobre a crise do pazo
Concerto de homenaxe aos Diplomáticos e de presentación de "120 Capadores"
Xénero:
| 18 / 1 / 2008Os nostálxicos do bravú e os novos descubridores deste estilo teñen este sábado 19 unha cita no campus de Elviña da Universidade d'A Coruña dende as 20:30 horas: a posta en escena da homenaxe das bandas galegas aos Diplomáticos de Monte Alto plasmada no disco “120 Capadores” (falcatruada 07) preséntase ao público nun concerto con pretensións de grande foliada. A festa contará coa actriz Isabel Risco como mestra de cerimonias acompañada de Pulpiño Viascón e coas actuacións en directo do Leo i Arremecaghoná, Ruxe Ruxe, Lamatumbá e Ultracáns. O programa, porén, presenta moitas máis sorpresas.
Máis información en Komunikando
Budiño, Peón e Anxo Lorenzo protagonizan a noite galega en Glasgow
Xénero:
| 16 / 1 / 2008Este sábado terá lugar no mercado vello de Glasgow a “Galician Night”, a noite galega. Así é como a denominan os organizadores do Celtic Connections, unha das citas ineludibles para os que gustan da música celta. A delegación galega presente no concerto está formada por Xosé Manuel Budiño, Mercedes Peón e Anxo Lorenzo e que será retransmitido en directo pola Celtic Music Radio (ás 21:30 horas).
Máis información en Vieiros, no web do Celtic Connections e en Malmequer
Nace CoruñaSon, un certame para favorecer a formación de autores musicais
Xénero:
| 16 / 1 / 2008Unha votación na rede seleccionará os dez autores que van participar, o vindeiro mes de marzo, nun Obradoiro de Canción Popular impartido por Santiago Auserón. Este é o resumo da proposta de CoruñaSon, o certame que presentou hoxe o Concello da Coruña co apoio da Deputación e que pretende “fornecer de ferramentas teóricas e prácticas aos creadores musicais galegos”. No obradoiro, dunha semana de duración, poderán matricularse coma oíntes as persoas interesadas. Os resultados desta experiencia gravaranse posterioremente nun disco colectivo, e o web corunason.eu manterase na rede aberta a que novos autores acheguen os seus temas en galego.
Máis información no web do certame
novidades discográficas
O Noso Tempo
Hugo Guezeta
Cāldo
Catuxa Salom
Vertentes
Garza
Obra social
ORTIGA
Barullo
Baiuca