Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Concello de Lalín busca un novo equipo para as clases do conservatorio folk

FIN DUN CICLO FOLK

O Concello de Lalín busca un novo equipo para as clases do conservatorio folk

FOLK | xaneiro 30, 2008

imaxe non dispoñible

O actual proxecto do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín remata. O Padroado de Cultura deste concello acordaba onte rexeitar a última oferta que o actual equipo docente, dirixido por Ugia Pedreira, lle realizara. O padroado considera que as condicións económicas presentadas non son asumibles e comezará a contratación de novos profesores para garantir o ensino de música tradicional na vila, nun novo conservatorio que dependerá directamente deste organismo.