Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Nace CoruñaSon, un certame para favorecer a formación de autores musicais
Nace CoruñaSon, un certame para favorecer a formación de autores musicais
xaneiro 16, 2008
Unha votación na rede seleccionará os dez autores que van participar, o vindeiro mes de marzo, nun Obradoiro de Canción Popular impartido por Santiago Auserón. Este é o resumo da proposta de CoruñaSon, o certame que presentou hoxe o Concello da Coruña co apoio da Deputación e que pretende “fornecer de ferramentas teóricas e prácticas aos creadores musicais galegos”. No obradoiro, dunha semana de duración, poderán matricularse coma oíntes as persoas interesadas. Os resultados desta experiencia gravaranse posterioremente nun disco colectivo, e o web corunason.eu manterase na rede aberta a que novos autores acheguen os seus temas en galego.
Máis información no web do certame