Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha formación lucense fixo a primeira gravación do himno galego

O PRIMEIRO HIMNO

Unha formación lucense fixo a primeira gravación do himno galego

FOLK | febreiro 1, 2008

imaxe non dispoñible

O 20 de decembro de 1907 tiña lugar no Gran Teatro de La Habana a primeira interpretación pública e solemne do Himno galego. Pero a primeira gravación desa partitura tivo lugar moito despois, en 1918. Así o afirma a casa discográfica Ouvirmos, que asegura que foi o coro “Cantigas e Aturuxos” de Lugo quen fixo o primeiro rexistro e non “Cantigas da terra” da Coruña, considerada ata o de agora como pioneira.