Ti estás aquí > Inicio / música en galego
Música en galego
A ciber-verbena de GalegoZ reafírmase no terceiro disco da banda
Xénero: AUDIO
| 16 / 4 / 2009 +GalegoZ comezaron a facerse notar no 2006 co seu primeiro disco Galician Chimpanzee editado por Ouvirmos. Despois viñeron Revolution Dance, tamén editado con Ouvirmos en 2007 e finalmente presentan a súa consolidación definitiva como proxecto musical con este Viñeron da Galiza interior que con produción propian editan a través do selo A Regueifa Plataforma. Fieis ás súas consignas musicais e reivindicativas GalegoZ afondan no seu Aranhoto Style nestes cinco novos temas nos que as bases electrónicas e sampleados fusiónanse con elementos do funk, reggae e a máis ecléctica das seleccións musicais combinada con letras combativas buscando mover mente e corpo ao mesmo tempo nunha ciber-verbena. A banda Galegoz está formada por: Marcos Payno (voz ), Denís Mutante (voz), Pulpiño Viascón (batería, percusións e voz), Manuel Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta traveseira e teclado), Tomás Ruído (Técnico de son ) e Matías Olazábal (guitarra), ademais das colaboracións de membros do Colectivo Perverso.
Pepe Vaamonde Grupo busca as súas raíces autoeditando o seu terceiro disco
Xénero: VIDEO
| 15 / 4 / 2009 +Durante os últimos días do presente mes de abril, o que será o terceiro traballo discográfico de Pepe Vaamonde Grupo Introterra estará dispoñible nas principais tendas de discos de Galicia. O disco gravouse entre os Estudios PKO de Madrid, Estudios Bruar da Coruña e Metrópolis de Vigo. Introterra está autoeditado pola banda e distribuído por Lonxa Cultural, nel reúnese, de xeito condensado, a esencia da banda. Pepe Vaamonde Grupo inicia estes días unha pequena xira promocional por terras galegas que os levará a actuar, nas próximas semanas, nas cidades de A Coruña, Pontevedra, Santiago de Compostela e Lugo, comezando o vindeiro venres 17 de abril, no Forum Metropolitano de A Coruña (Rúa Río Monelos s/n). En Introterra ofrece 11 temas cos que resumir, de xeito conciso, o que é a traxectoria e o estilo da propia formación nestes últimos 8 anos e ollando, de xeito claro, cara ás raíces da mesma.
Un cedé e un deuvedé recollen as melodías cantadas no ciclo anual da tradición galega
Xénero: AUDIO
| 3 / 4 / 2009 +Antes de que houbera formas tecnolóxicas de medir o tempo como son os reloxos, a xente guiábase polo sol e pola lúa. Era unha forma de adaptar a vida ás diferentes épocas do ano (a pascua, o maio, o magosto...) que sempre estiveron acompañadas de melodías. A Asociación de Gaiteiros Galegos decidiu facer un traballo que reunise música para doce meses (ou trece lúas) que lembrasen o ciclo anual da tradición galega. O resultado é 13 lúas, un cedé e un deuvedé, que recollen tanto as cancións así como un documental didáctico sobre o calendario lunar.
O disco de Luar na Lubre ao vivo xa está nas tendas
Xénero:
| 1 / 4 / 2009Logo da presentación oficial de onte, o novo disco de Luar na Lubre, Ao vivo, está xa dispoñible. Baixo este título, o grupo presenta un dobre CD e mais un DVD documental nos que se recollen as súas actuacións no Teatro Colón da Coruña os días 22 e 23 de xaneiro. Canda a temas habituais do grupo, inclúense colaboracións con artistas coma Luz Casal, Diana Navarro ou Pedro Guerra. Luar na Lubre comeza agora a xira de presentación do álbum, con citas en Madrid, Donostia ou Ageda xa confirmadas.
Pasos de Metal
Xénero: DOCUMENTO
| 30 / 3 / 2009 +A escena do heavy metal e do rock duro en Galicia posúe desde hai anos unha grande vitalidade e variedade. A comezos de 2007 o Gallaecian Metal Compilation facía en 27 temas unha panorámica destes estilos. Agora, chega unha nova entrega desta escolma, acompañada da primeira publicación en galego dedicada a este estilo. Dúas propostas que queren revolucionar a situación destes estilos no país.
Som do Galpóm: “No disco hai certas rarezas musicais nas que convén pararse un pouco e escoitalas ben”
Xénero: VIDEO + IMAXES + AUDIO
| 17 / 3 / 2009 +Em Terra de Ninguém é o título do primeiro disco de Som do Galpóm. A banda gañadora do certame Nsaio no Camiño presenta esta mesma mañá a súa aposta de fusión na que reúnen funkie, reagge e rap nuns temas combativos e que convidan á festa. Este mesmo mes comeza a xira de presentación do álbum que conta xa con vinte concertos confirmados. O vocalista do conxunto, Gael de Esteban, explícanos que podemos atopar neste álbum. No interior da noticia podes escoitar un avance do álbum.
Unhas xornadas analizan as tendencias e novidades da zanfona
Xénero:
| 13 / 3 / 2009Os cegos, os grandes cronistas das feiras, estaban sempre acompañados dunha zanfona. Un instrumento que pervive e sobre o que se fala nunhas xornadas que comezan hoxe en Narón. O Encontro coa Zanfona Contemporánea está organizado pola Central Folque e o Centro Galego de Música Popular, en colaboración co Padroado de Cultura do Concello de Narón. Concertos didácticos para escolares, obradoiros intensivos e relatorios para músicos fan parte deste programa que se desenvolve ata domingo.
Música de deseño
Xénero:
| 4 / 3 / 2009Estamos afeitos a ver nas listas de éxitos internacionais grupos creados ad hoc polas discográficas para atender a segmentos concretos de mercado. Ata o de agora, este fenómeno era descoñecido en Galicia. Pero xa está en marcha Azou, un proxecto que integra espectáculos de música e baile en directo, unha serie de animación, mercadotecnia e, por suposto, música, coa intención de chegar ao público adolescente do noso país.
Uxía gaña o premio á mellor canción en galego na XIII edición dos Premios da Música
Xénero:
| 26 / 2 / 2009Nin Deluxe nin Iván Ferreiro. Ambos os dous competían na categoría de mellor álbum de pop alternativo da XIII edición dos Premios da Música. Sen embargo, o gañador foi Vestusta Morla por Un día en el mundo, un dos grandes vencedores nesta ocasión ao conseguir os tres premios nos que era candidato. Canda ao sexteto madrileño, Amaral e Nena Daconte foron os conxuntos que máis galardóns conseguiron. No apartado de mellor canción en galego, a vencedora foi Uxía con Rumores de falúas. Os premios entregaranse o vindeiro 12 de marzo no pazo de congresos Manuel Rojas de Badaxoz.
O instrumentista Pancho Álvarez presenta Sólidos Galicianos
Xénero:
| 25 / 2 / 2009O terceiro disco do multiinstrumentista porriñés Pancho Álvarez está xa dispoñible para mercar en formato dixital, previamente á distribución do CD a través da tenda en liña de PAI Música. Sólidos Galicianos é o primeiro disco que Álvarez edita con PAI Música e nel ofrece trece pezas coas que o artistas se mergulla nos ritmos galegos para atopar diferentes sonoridades. O artista, especialista en instrumentos de corda, deuse a coñecer como violinista do grupo “Na Lúa” a comezos dos 80 formando parte despois do grupo Matto Cóngrio e da formación de acompañamento e gravación de Carlos Núñez. O seu anterior disco en solitario foi Nas Cordas, publicado en 2001 con BOA. O título deste novo traballo fai referencia a unha moedas acuñadas na época do antigo Reino de Galicia.
novidades discográficas
O Noso Tempo
Hugo Guezeta
Cāldo
Catuxa Salom
Vertentes
Garza
Obra social
ORTIGA
Barullo
Baiuca