A ciber-verbena de GalegoZ reafírmase no terceiro disco da banda
abril 16, 2009
GalegoZ comezaron a facerse notar no 2006 co seu primeiro disco Galician Chimpanzee editado por Ouvirmos. Despois viñeron Revolution Dance, tamén editado con Ouvirmos en 2007 e finalmente presentan a súa consolidación definitiva como proxecto musical con este Viñeron da Galiza interior que con produción propian editan a través do selo A Regueifa Plataforma. Fieis ás súas consignas musicais e reivindicativas GalegoZ afondan no seu Aranhoto Style nestes cinco novos temas nos que as bases electrónicas e sampleados fusiónanse con elementos do funk, reggae e a máis ecléctica das seleccións musicais combinada con letras combativas buscando mover mente e corpo ao mesmo tempo nunha ciber-verbena. A banda Galegoz está formada por: Marcos Payno (voz ), Denís Mutante (voz), Pulpiño Viascón (batería, percusións e voz), Manuel Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta traveseira e teclado), Tomás Ruído (Técnico de son ) e Matías Olazábal (guitarra), ademais das colaboracións de membros do Colectivo Perverso.
Tamén che pode interesar:
- 5/ 12/ 2007 | Sae ao mercado o disco de homenaxe aos Diplomáticos de Monte-Alto
- 23/ 7/ 2007 | A banda ourensá El Pararrayos saca o seu terceiro disco “Los días cambiantes del Pararrayos”
- 26/ 4/ 2007 | Con "Revolution Dance" GalegoZ apostan pola música disco
- 30/ 5/ 2006 | A discográfica Ouvirmos estrea co primeiro disco de Galegoz un selo dedicado a novos creadores