Ir ao contido directamente.


Noticias

A Sinfónica de Melide inicia unha xira que ofrecerá extractos das óperas máis coñecidas

Xénero: Clásica/Lírica | 20 / 1 / 2006

imaxe non dispoñible

“A forza do destino” de Verdi, “O barbeiro de Sevilla” de Rossini, a “Traviatta” de Verdi e “Carmen” de Bizet son as algunhas das óperas máis coñecidas. Todas elas forman parte do repertorio que a Sinfónica de Melide interpretará na xira que comeza o 21 de xaneiro no Auditorio de Santiago. Co patrocinio da Deputación da Coruña o “Gran Concerto de fragmentos de ópera” estará no Teatro Jofre de Ferrol (o día 22), no Pazo da Ópera da Coruña (o día 28) e na igrexa de San Francisco de Betanzos (29).

Máis información en Galicia Hoxe

O duodécimo traballo discográfico de A Roda engade as composicións intrumentais ao seu repertorio

Xénero: Folk | 17 / 1 / 2006 + VINCULO

disco_7338.jpg

A piques de cumprir trinta anos dentro do panorama da música popular, A Roda presenta o último proxecto da formación e que suporá o seu duodécimo traballo discográfico. Baixo o título “A roda alalá adorA”, xúntanse doce temas que van desde a música folk-instrumental, ata a máis característica canción tradicional, sen esquecernos da canción autógrafa (espazo no que destacan os temas compostos ad hoc dos diversos lugares da nosa xeografía), e do folclore luso. Baixo o seu título palindrómico o disco encerra unha filosofía especular que mantén nos seus textos entre os que hai un poema do escritor Gonzalo Navaza. Coa incorporación no repertorio do grupo de temas instrumentais A Roda fai deste traballo un punto de inflexión na súa longa traxectoria.

O disco “Cantos na maré” reúne a sete artistas e un grupo coa lusofonía como denominador común

Xénero: Miscelánea | 5 / 1 / 2006

not_7590.jpg

O proxecto “Cantos na maré” xurdiu dun concerto celebrado en agosto de 2003 na pontevedresa Praza da Ferrería e que reuniu en dezaseis temas as voces de diferentes artistas da música en galego e portugués. Xunto aos galegos Xabier Díaz e Uxía, aparecen neste digipack que recolle aquel concerto, o brasileiro Chico César; a portuguesa Filipa Pais; Manecas Costa, de Guinne-Bissau; a mozambicana Astra Harris; o caboverdiano Jon Luz; e o grupo de caboverdianas afincadas en Burela, Batuko Tantaka. O disco está editado baixo o selo Cartafol Editores e conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Fundación Caixa Galicia, así como da empresa Nordesía nas labores de produción. Os beneficios xerados por esta edición irán destinados ao Instituto Cultural Casa de Beradêro, Catolé do Rocha, Estado da Paraiba, Brasil, para o desenvolvemento humano e estímulo cultural dos pequenos e pequenas desfavorecidos. A institución está promovida por Chico César, que exerceu de director musical no espectáculo que recolle o disco.

Máis información en Vieiros

A revista Rolling Stone elixe o disco de Deluxe como o mellor da produción nacional do 2005

Xénero: Pop | 5 / 1 / 2006 + VINCULO + VIDEO + IMAXES

not_7290.jpg

O coruñés Xoel López co seu traballo como Deluxe, “Los jóvenes mueren antes de tiempo”, convenceu aos críticos musicais da edición española da revista Rolling Stone, que o elixiron como mellor disco nacional do ano 2005. Este disco encabeza unha selección na que tamén ocupa un lugar destacado, concretamente no cuarto posto, o vigués Iván Ferreiro co disco “Canciones para el tiempo y la distancia”. O disco de Deluxe é o primeiro deste artista con letras en castelán despois de que os anteriores traballos os fixera en inglés.

Máis información en Rolling Stone

As tradicións dos cantares de reis e das rondallas mantéñense e recupéranse como un xeito de celebrar as festas con música

Xénero: Folk | 4 / 1 / 2006

imaxe non dispoñible

Grupos de mozos a cantar polas portas agardando recibir unha lambetada, comida ou algún outro agasallo. Actualmente esta escena lémbranos, máis do que a calquera outra cousa á celebración do Halloween anglosaxón. Porén, era esta unha tradición habitual nas nosas festas de Nadal, Aninovo e Reis hai non moitos anos. A pesar do risco de extinción no que se encontra este costume existen iniciativas para o seu mantemento e recuperación, por exemplo na forma de xugadas ou na de rondallas.

Fene acolle a quinta edición do Felipop, o primeiro festival de música independente de 2006

Xénero: Pop | 3 / 1 / 2006

imaxe non dispoñible

Desde xoves e ata sábado, os amantes da escena independente teñen a primeira cita do ano. Fene acolle por quinta ocasión o Felipop de inverno, un festival en datas atípicas que organiza a asociación Felicia e que desta volta achegará a esta zona o cantautor inglés Colin Hare, Bang 74, Los Huéspedes Felices e mais Andi Morten. As actuacións repartiranse entre locais de Fene e de Ferrol.

Máis información en La Voz de Galicia; eno web do festival

O primeiro disco de Xoel López en español elixido entre os mellores pola revista Rolling Stone

Xénero: Pop | 30 / 12 / 2005

imaxe non dispoñible

Hai uns días anunciabamos que Mercedes Peón, Luz Casal, Iván Ferreiro e Los Suaves eran os galegos que figuraban na escolma anual que a Fundación Autor, dependente da SGAE, fai da música editada no 2005. A esa listaxe hai que engadirlle a que publica a revista Rolling Stone que situaba o primeiro disco en español de Xoel López, “Os novos morren antes de tempo”, entre os mellores do ano. Ademais, a revista no “top ten” ao vigués Iván Ferreiro coas súas “Cancións para o amor e a distancia”.

Máis información en La Voz de Galicia e na nosa nova sobre a Fundación Autor

As discográficas ultiman os lanzamentos para a campaña de Nadal

Xénero: Miscelánea | 13 / 12 / 2005

imaxe non dispoñible

Estamos en plena campaña de Nadal e se non sabes que regalar, aquí che presentamos unha escolma das novidades que as discográficas galegas preparan para esta temporada. Desde as zarzuelas da Coral Casablanca ata o metal de Talesien, pasando por pop e folck. Música para todos os gustos.

Unha xira organizada pola SGAE levará a cinco cidades dous grupos emerxentes de jazz galego

Xénero: Jazz/Blues | 5 / 12 / 2005

imaxe non dispoñible

Carlos Averhoff Jr. Cuarteto e S.O.S. Trío foron os grupos seleccionados pola Fundación Autor e mais a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) para participar na xira Concerto Autor Jazz Galicia. Este evento, que coordina a Asociación Galega de Músicos de Jazz, levará os dous grupos de xira por cinco cidades galegas, comezando o vindeiro martes día trece no pub Dado-Dadá en Compostela.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Xoel López e Iván Ferreiro voltan á casa logo de participar no Laboratorio Ñ

Xénero: Pop | 23 / 11 / 2005

imaxe non dispoñible

As conexións internacionais da música son ben curiosas. Por unha banda Xoel López e Iván Ferreiro veñen de pechar a súa participación no Laboratorio Ñ, un proxecto de convivencia entre músicos en castelán do Estado Español e mais de Arxentina. Os galegos compuxeron cadanseu tema neste evento, que ficará recollido nun DVD feito polo grupo Voz Audiovisual. E de Arxentina ao Canadá. Un grupo de música tradicional inuit ou esquimó acaba de gravar en dous estudos pontevedreses o seu último traballo. O contacto con Juan Hernández, membro do grupo Laio, nun festival de novas músicas, favoreceu este curioso encontro.

Máis información en La Voz de Galicia sobre o Laboratorio Ñ; sobre a gravación en Pontevedra

<< Inicio / Anterior . 3311 a 3320 de 3425 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR