Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O duodécimo traballo discográfico de A Roda engade as composicións intrumentais ao seu repertorio

OUTRA VOLTA DA RODA

O duodécimo traballo discográfico de A Roda engade as composicións intrumentais ao seu repertorio

FOLK | xaneiro 17, 2006

disco_7338.jpg

A piques de cumprir trinta anos dentro do panorama da música popular, A Roda presenta o último proxecto da formación e que suporá o seu duodécimo traballo discográfico. Baixo o título “A roda alalá adorA”, xúntanse doce temas que van desde a música folk-instrumental, ata a máis característica canción tradicional, sen esquecernos da canción autógrafa (espazo no que destacan os temas compostos ad hoc dos diversos lugares da nosa xeografía), e do folclore luso. Baixo o seu título palindrómico o disco encerra unha filosofía especular que mantén nos seus textos entre os que hai un poema do escritor Gonzalo Navaza. Coa incorporación no repertorio do grupo de temas instrumentais A Roda fai deste traballo un punto de inflexión na súa longa traxectoria.

datos do disco