Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha xira organizada pola SGAE levará a cinco cidades dous grupos emerxentes de jazz galego
Unha xira organizada pola SGAE levará a cinco cidades dous grupos emerxentes de jazz galego
decembro 5, 2005
Carlos Averhoff Jr. Cuarteto e S.O.S. Trío foron os grupos seleccionados pola Fundación Autor e mais a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) para participar na xira Concerto Autor Jazz Galicia. Este evento, que coordina a Asociación Galega de Músicos de Jazz, levará os dous grupos de xira por cinco cidades galegas, comezando o vindeiro martes día trece no pub Dado-Dadá en Compostela.
Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos
Tamén che pode interesar:
- 15/ 3/ 2022 | Os festivais de jazz premian a Sumrrá
- 15/ 9/ 2016 | O certame Galicia Creativa presenta a súa segunda xeira
- 19/ 8/ 2014 | Biribirlocke gaña o II Concurso de Grupos Emerxentes Revenidas
- 21/ 2/ 2014 | O VII Ciclo 1906 Jazz trae 23 concertos a Galicia
- 13/ 3/ 2013 | Ron Carter inaugura o ciclo 1906 de jazz