Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O disco “Cantos na maré” reúne a sete artistas e un grupo coa lusofonía como denominador común

CANTOS NA MARé

O disco “Cantos na maré” reúne a sete artistas e un grupo coa lusofonía como denominador común

MISCELáNEA | xaneiro 5, 2006

not_7590.jpg

O proxecto “Cantos na maré” xurdiu dun concerto celebrado en agosto de 2003 na pontevedresa Praza da Ferrería e que reuniu en dezaseis temas as voces de diferentes artistas da música en galego e portugués. Xunto aos galegos Xabier Díaz e Uxía, aparecen neste digipack que recolle aquel concerto, o brasileiro Chico César; a portuguesa Filipa Pais; Manecas Costa, de Guinne-Bissau; a mozambicana Astra Harris; o caboverdiano Jon Luz; e o grupo de caboverdianas afincadas en Burela, Batuko Tantaka. O disco está editado baixo o selo Cartafol Editores e conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Fundación Caixa Galicia, así como da empresa Nordesía nas labores de produción. Os beneficios xerados por esta edición irán destinados ao Instituto Cultural Casa de Beradêro, Catolé do Rocha, Estado da Paraiba, Brasil, para o desenvolvemento humano e estímulo cultural dos pequenos e pequenas desfavorecidos. A institución está promovida por Chico César, que exerceu de director musical no espectáculo que recolle o disco.


Máis información en Vieiros

Nordesía

datos do disco