Ir ao contido directamente.


Noticias

As iniciativas de proxección exterior de música galega anuncian un maior recoñecemento internacional dos nosos artistas

Xénero: Miscelánea | 9 / 5 / 2007

imaxe non dispoñible

Do mesmo xeito que noutros ámbitos da nosa cultura, tamén a industria musical está a se implicar nos últimos anos na difusión exterior dos seus produtos. A coincidir coas iniciativas políticas neste sentido, os analistas coinciden na necesidade de exportar para garantir a viabilidade dunha industria cultural. Botamos un ollo sobre como estamos a botar a música para fóra.

As cantareiras Ialma presentan o seu terceiro traballo discográfico

Xénero: Folk | 8 / 5 / 2007 + VIDEO

not_9902.jpg

“Nova Era” é o terceiro traballo discográfico das cinco cantareiras belgo-galegas que forman Ialma. Despois do seu primeiro disco a capela “Palabras darei” (EMI, 2000) e “Marmuladas” (EMI, 2002) o grupo de Verónica Codesal racha así con silenzo que xa ía para catro anos. Na ducia de temas de “Nova Era” mesturan a tradición musical das súas raíces galegas con melodías do pop, de feito o tema que abre o disco é unha versión de “Under the bridge” dos Red Hot Chili Peppers no que colaboran tamén as septuaxenarias cantareiras Damas de Laxoso. O disco conta ademais con colaboracións destacadas como Mercedes Peón e Guadi Galego entre outros.

Maís información no sitio de Ialma

O proxecto Lonxa Cultural quere revolucionar o noso panorama musical optimizando a distribución dos produtos galegos

Xénero: Miscelánea | 7 / 5 / 2007

imaxe non dispoñible

Os novos tempos requiren novas medidas. Coñecido o período de convulsións que vive a industria discográfica, non nos debe sorprender que desde este sector xurdan iniciativas pioneiras para saír adiante. A última proposta chámase Lonxa Cultural, e pretende ser unha distribuidora que, centrada no país, acade darlle visibilidade á nosa música e tirarlle todo o seu potencial comercial.

Preséntase en Barcelona o I Ciclo de Música Galega en Catalunya, "Son Galiza"

Xénero: Miscelánea | 4 / 5 / 2007

imaxe non dispoñible

Mercedes Peóns, Nordestin@s, Berrogüetto ou Nova Galega de Danza son algúns do protagonistas de "Son Galiza", o I Ciclo de Música Galega en Catalunya. O evento, que se desenvolverá entre os vindeiros once e trece de maio, está organizado por Rede.cat, a entidade que agrupa os colectivos galegos neste país, e conta co apoio da Consellaría de Cultura, o Xacobeo, e da Generalitat.

Máis información no web da iniciativa máis sobre cultura galega en Cataluña nos nosos temas

O grupo MEU prepara a gravación do que será o seu segundo disco

Xénero: Rock | 3 / 5 / 2007

not_9876.jpg

Tras da saída do grupo de Ramón Saleta e a posterior entrada de "Dopi" á batería, o vindeiro 21 de maio os integrantes de MEU iniciarán nos estudios madrileños Audiomatic a gravación do que será o seu segundo traballo discográfico despois das boa acollida do seu primeiro traballo "What´s Up" (Rock On). O novo disco, do que aínda non se fixo público o nome, está previsto que saia en setembro deste mesmo ano, comezando inmediatamente a xira de presentación. Con "What’s up" MEU percorreu os escenarios das principais salas da península nunha extensa xira de presentación que tamén os levou por festivais como Primavera Sound, Purple Weekend, Festival do Norte, Cultura Quente, Festus, PopXiriaPop, Granuja Rock, Go Lleida ou Cultura Pop.

Cultura crea un festival para achegar a música de cámara con concertos e conferencias

Xénero: Clásica/Lírica | 3 / 5 / 2007

imaxe non dispoñible

“Cameralia” é o nome dun evento internacional dedicado á música de cámara que poñen en marcha a Consellaría de Cultura e o IGAEM coa colaboración do Consorcio de Santiago. Un proxecto que pretende dar a coñecer a música de cámara no noso país e que ten dúas partes ben diferenciadas. Dunha banda un apartado expositivo que leva a etiqueta de festival e que ofrecerá concertos de formacións de primeiro nivel en oito localidades. Da outra, un aspecto formativo con cursos, clases maxistrais e conferencias.

Máis información no web do proxecto e na prensa en El Correo Gallego e en Galicia Hoxe

Os alumnos dos conservatorios galegos reúnense no I Encontro de Bandas Sinfónicas

Xénero: Clásica/Lírica | 2 / 5 / 2007

imaxe non dispoñible

Tres concertos na Coruña, Santiago e Pontevedra darán a coñecer ao público o traballo do alumnado dos Conservatorios de Música de Galicia. Os estudantes destes centros que dependen da Consellaría de Educación reúnense entre o hoxe e o venres nun evento que quere servir de punto de encontro para as experiencias destes centros de formación.

Máis información no web da Xunta

O selo discográfico galego Falcatruada avanza cara á súa internacionalización grazas ás novas posibilidades de internet

Xénero: Indie | 2 / 5 / 2007

imaxe non dispoñible

“Crear unha empresa dedicada á produción de discos, en plena reconversión do sector, é un suicidio total. Por iso é un milagre que hoxe exista Falcatruada”. Así define Sergio Lago Varela a existencia de Falcatruada, empresa da que é socio e cofundador xunto a Lucía Rolle Boado e Óscar Donsión Martínez. Falcatruada constitúe hoxe unha sólida estrutura empresarial de apoio á música en Galicia. E máis ca no milagre, as claves do éxito radican na constante diversificación e readaptación a un mercado cambiante e, sobre todo, no eficaz aproveitamento das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías.

O festival Interfolk de Lugo contará coa presenza de figuras coma Alan Stivell ou José Mercé

Xénero: Folk | 27 / 4 / 2007

imaxe non dispoñible

Será entre os días dez e trece de maio na Praza de Santa María de Lugo, con entrada de balde. O IV Festival Interfolk chega á cidade da Muralla achegando figuras de primeira liña. O bretón Alan Stivell, José Mercé, Rosa Cedrón e María del Mar Bonet, completan un cartel que amosa unha consolidación deste evento.

Máis información no web do Concello de Lugo

Con "Revolution Dance" GalegoZ apostan pola música disco

Xénero: Fusión | 26 / 4 / 2007 + AUDIO

not_9831.jpg

O sub-selo VIR, no que a discográfica Ouvirmos comparte a produción de discos con grupos que apostan pola autoedición, recibe a segunda entrada no catálogo co novo disco de Galegoz. A banda de Marcos Otero Payno, Pulpiño Viascón, Denis López “Mutante” e Roberto Alhambra “Bayo” e compaña presenta “Revolution Dance”, un traballo cun son compacto, maiores influencias disco e dos 70, letras máis irónicas e novas proclamas disco-revolucionarias. O anterior traballo do grupo “Galician Chimpanzee” tamén foi editado a través da fórmula discográfica de VIR con Ouvirmos. Ademais a discográfica vén de anunciar a súa entrada na asociación Promomusicae que de compañías independentes e filiais de multinacionais, coa que accede a RitmoNet, a Rede Interactiva de Transmisión de Música On-line, un sistema de distribución dixital de contidos promocionais para medios de comunicación.

Máis información en Ouvirmos

<< Inicio / Anterior . 3181 a 3190 de 3454 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR