Noticias
Pontevedra acolle desde o vindeiro luns a segunda edición do Festival Galego do Cabaré
Xénero:
| 25 / 4 / 2007A posición estratéxica de Pontevedra entre Vigo, Ourense e Santiago converteuna na segunda recalada do Festival Galego do Cabaré. Un proxecto dedicado a este xénero escénico que inclúe obradoiros formativos, circuítos de actuacións e espectáculos. O festival desenvolverase desde o vindeiro luns ata o 11 de maio.
Máis información sobre a segunda edición en Galicia Hoxe e sobre a primeira edición no noso tema
A busca da canción galega do verán está aberta un ano máis na rede
Xénero:
| 24 / 4 / 2007O portal Vieiros e a Radio Galega buscan un ano máis a canción galega do verán cunha nova edición de A Polo Ghit. O concurso xa está en marcha despois da boa experiencia do ano pasado cando 38 cancións participaron na primeira edición das que o xurado escolleu como gañadora "In the Ocean", de Pulpiño Viascón. O prazo para enviar as cancións estará aberto ata o 21 de xuño e, como na primeira edición, as pezas que se envíen serán emitidas no programa Extrarradio así como noutros programas da Radio e Televisión de Galicia. Un novo xurado reunirase para decidir a canción gañadora o 11 de agosto. Máis información en Vieiros
Juan Rivas enche o seu cuarto disco con colaboracións estelares dalgúns dos seus ídolos musicais
Xénero: VIDEO
| 24 / 4 / 2007 +Coa produción independente de Pablo Iglesias ven de saír á rúa o cuarto disco do vigués Juan Rivas “Mundo Feliz” (Pop & Co). Cos Donatore di Groove como apoio musical Rivas reúne neste traballo unha ducia de cancións no seu estilo de pop tropical con reminiscencias dos anos 60. Pese ao limitado do orzamento de produción do álbum o disco conta con colaboracións importantes de outros artistas como Germán Coppini, Mastretta, Massiel e mesmo o brasileiro Eumir Deodato nos arranxos musicais do tema “El amor que me das”. Esta mesma semana Rivas inicia a súa xira de presentación deste “Mundo feliz” en Vigo e ten datas pechadas tamén na Coruña, Santiago e Ourense ademais de outros moitos lugares fóra da comunidade.
Máis información en La Voz de Galicia
O grupo gañador do certame folk de Radio Obradoiro presenta o seu primeiro disco
Xénero:
| 23 / 4 / 2007O grupo folk Arrás!, gañador da sexta edición do certame para grupos folk de Radio Obradoiro, presentou o seu disco “Asumindo riscos”. O disco, gravado nos estudios Phonos da Estrada presentouse este sábado 21 de abril no Teatro Principal de Santiago. O grupo Arrás, que naceu no ano 2005, está formado por Rocío Jiménez, Pablo Gómez, David Bellas, Michel Rivadulla, Manu Abraldes e Jimmy Faílde. Segundo indicaron os seus integrantes, o seu estilo procura romper co folk tradicional.
Máis información en Compostela Cultura
Dezasete agrupacións musicais da Coruña editan cadanseu disco da man da Deputación e mais da Fundación Paideia
Xénero:
| 23 / 4 / 2007Unha gala no teatro Colón serviu para presentar os 17 novos CDs que publicaron outros tantos grupos da provincia da Coruña ao abeiro do programa Outro+Outro. Esta proposta, coordinada pola fundación Paideia e a Deputación da Coruña, permitiu a gravación e edición de dezasete discos, con tiraxes de mil exemplares cada un nos máis variados estilos.
Máis información no web da Deputación da Coruña
Preséntase en Xapón o disco de Carlos Núñez coa banda sonora da película de animación Gedo Senki
Xénero:
| 19 / 4 / 2007Na tenda Tower Records de Tokío Carlos Núñez ven de presentar o disco “Melodies from Gedo Senki” que recolle a música interpretada polo vigués para a película de animación Gedo Senki dos estudos Ghibli. A película, en Europa “Tales from Earthsea”, está ambientada nun mundo máxico de feiticeiros e dragóns e o director do filme Goro Miyazaki requiriu o traballo de Núñez para conseguir unha “música celta do futuro, inspirada en Irlanda, Escocia, Bretaña e Galicia, cun toque xaponés e incluso toques de flamenco” e ante a calidade da música decidíronse a gravar e editar un disco cos 23 temas da película. “Melodies from Gedo Senki” gravouse no estudio de Carlos Núñez en Galicia. O disco presentarase en concerto o día 9 de maio no Auditorio NHK de Tokío.
Máis información en La Voz de Galicia
A Sinfónica de Galicia homenaxea as sociedades musicais históricas no seu quince aniversario
Xénero:
| 18 / 4 / 2007A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) celebra os seus quince anos de existencia, como non podía ser doutro xeito, con música. No programa de concertos programado para celebrar a efeméride latexa unha idea de fondo, a de homenaxear as sociedades musicais históricas como son a Real Academia Galega de Belas Artes, a Sociedade Filharmónica e os Amigos da Ópera de A Coruña. Ademais, a OSG estrea tamén concertos nos hospitais para achegar a música a aquelas que non poden gozar dela por motivos de saúde.
Máis información no web da OSG, El Correo Gallego e en El País
Álvaro Costas & Hot Band presenta un DVD autoeditado por eles mesmos e distribuído por Zouma Records
Xénero: VIDEO + IMAXES
| 17 / 4 / 2007 +Coa actuación efectuada en febreiro deste ano na sala Metropol de Tui, Álvaro Costas & Hot Band presenta agora un DVD autoeditado. Costas, gaiteiro e frautista foi gañador do 3º Premio do Trophee McAllan (Lorient-Francia), no 2004 empezou a coller certa confianza e gañas e comezou a experimentar co seu irmán Jesús á Darbuka. Como formación a Alvaro Costas & Hot Band comezou a existir nun concerto o 31 de decembro de 2005, no que consolidaron a súa aposta polo “Folk-Fussion”. Cunha maqueta gravada no estudio “Casa de Tolos” resultaron finalistas nos concursos “Cuartu de los Valles” en Navelgas (Asturias) e “Folkezblai” en Ermua (Pais Vasco). A formación está composta por : Álvaro Costas, gaitas e frautas; Suso Costas, batería, bodhram e percusións; Arturo Usoz, baixo; Samuel Soto, guitarra e Andrea Navarrete co acordeón e teclados.
Máis información en Zouma Records
Vigo acolle o concerto de presentación do novo disco de Mercedes Peón
Xénero:
| 12 / 4 / 2007Cando xa transcorreron tres anos desde a publicación de “Ajrú” Mercedes Peón presenta o seu terceiro traballo discográfico “Sihá”. A cantante e compositora coruñesa presenta este sábado en Vigo o novo disco cun concerto no teatro García Barbón ao que seguirán outro o día 28 de abril en Bergondo e un en Barcelona o 11 de maio. O disco sae, como o anterior, baixo o seu propio selo Discotrompo e conta con dez temas composición de Mercedes Peón nos que volve experimentar sobre as súas raíces musicais tradicionais. O disco estará en tendas na semana que ven.
Máis información en El País
O festival de música “Via stellae” chega á segunda edición duplicando o número de concertos
Xénero:
| 12 / 4 / 2007O Xacobeo acaba de dar a coñecer a programación do “Via stellae” para este ano. Un programa musical que substituía aquel “Festival Internacional de Música no camiño” e que este ano duplica o número de concertos e recitais con respecto ao ano pasado. En total sucederanse 80 concertos por 34 localidades galegas e abranguerá case todos os xéneros musicais, desde a música sinfónica ata a de cámara, pasando pola lírica e a ópera.
Máis información sobre as xornada sen La Voz de Galicia, e en Galicia Hoxe, e sobre a edición anterior na nosa hemeroteca