Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Preséntase en Xapón o disco de Carlos Núñez coa banda sonora da película de animación Gedo Senki
Preséntase en Xapón o disco de Carlos Núñez coa banda sonora da película de animación Gedo Senki
abril 19, 2007
Na tenda Tower Records de Tokío Carlos Núñez ven de presentar o disco “Melodies from Gedo Senki” que recolle a música interpretada polo vigués para a película de animación Gedo Senki dos estudos Ghibli. A película, en Europa “Tales from Earthsea”, está ambientada nun mundo máxico de feiticeiros e dragóns e o director do filme Goro Miyazaki requiriu o traballo de Núñez para conseguir unha “música celta do futuro, inspirada en Irlanda, Escocia, Bretaña e Galicia, cun toque xaponés e incluso toques de flamenco” e ante a calidade da música decidíronse a gravar e editar un disco cos 23 temas da película. “Melodies from Gedo Senki” gravouse no estudio de Carlos Núñez en Galicia. O disco presentarase en concerto o día 9 de maio no Auditorio NHK de Tokío.
Máis información en La Voz de Galicia
Tamén che pode interesar:
- 22/ 1/ 2014 | Carlos Núñez repasa o legado celta no seu novo disco
- 5/ 10/ 2012 | Carlos Núñez presenta Discover cunha xira americana
- 15/ 6/ 2009 | Carlos Núñez descobre Brasil
- 14/ 2/ 2008 | Os Premios da Música contan con nove galegos que acaparan dez candidaturas
- 14/ 9/ 2007 | Juan Rivas participa con dous temas de “Mundo feliz” na banda sonora da película Babykiller