Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Álvaro Costas & Hot Band presenta un DVD autoeditado por eles mesmos e distribuído por Zouma Records
Álvaro Costas & Hot Band presenta un DVD autoeditado por eles mesmos e distribuído por Zouma Records
abril 17, 2007
Coa actuación efectuada en febreiro deste ano na sala Metropol de Tui, Álvaro Costas & Hot Band presenta agora un DVD autoeditado. Costas, gaiteiro e frautista foi gañador do 3º Premio do Trophee McAllan (Lorient-Francia), no 2004 empezou a coller certa confianza e gañas e comezou a experimentar co seu irmán Jesús á Darbuka. Como formación a Alvaro Costas & Hot Band comezou a existir nun concerto o 31 de decembro de 2005, no que consolidaron a súa aposta polo “Folk-Fussion”. Cunha maqueta gravada no estudio “Casa de Tolos” resultaron finalistas nos concursos “Cuartu de los Valles” en Navelgas (Asturias) e “Folkezblai” en Ermua (Pais Vasco). A formación está composta por : Álvaro Costas, gaitas e frautas; Suso Costas, batería, bodhram e percusións; Arturo Usoz, baixo; Samuel Soto, guitarra e Andrea Navarrete co acordeón e teclados.
Máis información en Zouma Records
Tamén che pode interesar:
- 7/ 3/ 2013 | Miguel Costas chama a participar no seu vindeiro vídeo
- 31/ 10/ 2012 | Daniel Minimalia lanza Cuentos sonoros
- 14/ 5/ 2009 | Sae Aries imperfecto primeiro disco en solitario de Eva Carreras
- 1/ 2/ 2008 | As discográficas galegas voltan do Midem con acordos comerciais
- 15/ 5/ 2007 | Entre Trastes fai un percorrido pola música celta para instrumentos de corda no seu primeiro disco