Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Juan Rivas enche o seu cuarto disco con colaboracións estelares dalgúns dos seus ídolos musicais

MUNDO FELIZ

Juan Rivas enche o seu cuarto disco con colaboracións estelares dalgúns dos seus ídolos musicais

POP | abril 24, 2007

not_9807.jpg

Coa produción independente de Pablo Iglesias ven de saír á rúa o cuarto disco do vigués Juan Rivas “Mundo Feliz” (Pop & Co). Cos Donatore di Groove como apoio musical Rivas reúne neste traballo unha ducia de cancións no seu estilo de pop tropical con reminiscencias dos anos 60. Pese ao limitado do orzamento de produción do álbum o disco conta con colaboracións importantes de outros artistas como Germán Coppini, Mastretta, Massiel e mesmo o brasileiro Eumir Deodato nos arranxos musicais do tema “El amor que me das”. Esta mesma semana Rivas inicia a súa xira de presentación deste “Mundo feliz” en Vigo e ten datas pechadas tamén na Coruña, Santiago e Ourense ademais de outros moitos lugares fóra da comunidade.

Máis información en La Voz de Galicia

VIDEO | Un Mundo Maravilloso
datos do disco