Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Con "Revolution Dance" GalegoZ apostan pola música disco

GALEGOZ REVOLUCIONARIOS

Con "Revolution Dance" GalegoZ apostan pola música disco

FUSIóN | abril 26, 2007

not_9831.jpg

O sub-selo VIR, no que a discográfica Ouvirmos comparte a produción de discos con grupos que apostan pola autoedición, recibe a segunda entrada no catálogo co novo disco de Galegoz. A banda de Marcos Otero Payno, Pulpiño Viascón, Denis López “Mutante” e Roberto Alhambra “Bayo” e compaña presenta “Revolution Dance”, un traballo cun son compacto, maiores influencias disco e dos 70, letras máis irónicas e novas proclamas disco-revolucionarias. O anterior traballo do grupo “Galician Chimpanzee” tamén foi editado a través da fórmula discográfica de VIR con Ouvirmos. Ademais a discográfica vén de anunciar a súa entrada na asociación Promomusicae que de compañías independentes e filiais de multinacionais, coa que accede a RitmoNet, a Rede Interactiva de Transmisión de Música On-line, un sistema de distribución dixital de contidos promocionais para medios de comunicación.

Máis información en Ouvirmos

AUDIO | 30 SEGUNDOS
Revolution Dance
datos do disco