Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O grupo MEU prepara a gravación do que será o seu segundo disco

MEU DOUS

O grupo MEU prepara a gravación do que será o seu segundo disco

ROCK | maio 3, 2007

not_9876.jpg

Tras da saída do grupo de Ramón Saleta e a posterior entrada de "Dopi" á batería, o vindeiro 21 de maio os integrantes de MEU iniciarán nos estudios madrileños Audiomatic a gravación do que será o seu segundo traballo discográfico despois das boa acollida do seu primeiro traballo "What´s Up" (Rock On). O novo disco, do que aínda non se fixo público o nome, está previsto que saia en setembro deste mesmo ano, comezando inmediatamente a xira de presentación. Con "What’s up" MEU percorreu os escenarios das principais salas da península nunha extensa xira de presentación que tamén os levou por festivais como Primavera Sound, Purple Weekend, Festival do Norte, Cultura Quente, Festus, PopXiriaPop, Granuja Rock, Go Lleida ou Cultura Pop.