Noticias
Publicacións, proxectos sonoros e propostas escénicas celebran a Florencio Delgado
Xénero:
| 12 / 5 / 2022Cando se achega o 17 de maio, intensifícanse as iniciativas para celebrar a Florencio Delgado Gurriarán, poeta homenaxeado nesta xeira do Día das Letras. Dentro das máis recentes, a Universidade de Santiago acaba de presentar Florencio Delgado Gurriarán. O soño dunha Galicia infinda, unha obra coordinada por Dolores Vilavedra que recolle seis traballos a facer "un percorrido pola biografía literaria, humana e sociolingüística do autor" e que incrementan as achegas de investigación sobre a súa figura.
Quiosco: Sons da Galiza 1
Xénero:
| 10 / 5 / 2022A revista Sons da Galiza pon na rede en formato de pdf interactivo o seu número 1, correspondente ao mes de abril. A publicación de Óscar Martínez ofrece, ademáis dunha benvida editoria do responsable, tres entrevistas co dúa Caamaño & Ameixeiras, Budiño e Xisco Feijoo. Ademais a publicaciópn sobre a música tradicional inclúe tamén unha reportaxe sobre o legado do musicólogo Alna Lomax. O segundo número desta publicación está a piques de saír co Día das Letras Galegas.
Raúl Diz homenaxea a Florencio Delgado cun álbum monográfico
Xénero:
| 10 / 5 / 2022Cinco poemas de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2022, compoñen De Córgomo a Fair Oaks. Raúl Diz, membro de Os Amigos dos Músicos, asina este proxecto en solitario que vé a luz baixo o selo Todomedre e A Regueifa 2.0, e foi masterizado por Tomás Ageitos nos estudos A Ponte. Diz acompaña a súa voz con guitarras acústicas en melodías sinxelas que desenvolveu con fins didácticos.
O Pazo de Mariñán xa ten ocupantes das súas primeiras residencias
Xénero:
| 9 / 5 / 2022Entre os vindeiros 16 e 22 de maio o dúo Caamaño&Ameixeiras abrirá no Pazo de Mariñán as primeiras residencias artísticas que organizou a Deputación da Coruña neste espazo. O xurado desta convocatoria seleccionou o pasado 5 de maio os catro proxectos musicais que se recluirán neste espazo monumental para desenvolver novas propostas creativas.
O calendario de festivais confirma recuperacións e novos eventos
Xénero:
| 6 / 5 / 2022Coa primavera xa comezada e a situación sanitaria estable, en principio, aínda quedan algún festivais que están estes días a pechar as súas propostas e comunicándollas ao público para completar a axenda dun xeito cada vez máis semellante aos tempos pre-pandémicos. Confirmacións de cartel artístico e datas sucédense no panorama galego destes eventos, incluíndo a presentación dalgunha nova proposta. Damos un breve repaso ao máis significativo do presentado nos pasados días que se ven unir a todas as citas que xa previamente foron adiantándose para este ano.
A Agadic lanza as axudas á promoción e difusión de proxectos musicais profesionais
Xénero:
| 6 / 5 / 2022O Diario Oficial de Galicia deste seis de maio recolle a convocatoria das novas axudas á promoción e difusión de proxectos musicais profesionais. A Axencia Galega das Industrias Culturais lanza ao abeiro do Proxecto Hub audiovisual-industria cultura e con fondos Next Generation, unha liña que, segundo anunciara o conselleiro de Cultura Román Rodríguez, substitúe as axudas ao talento musical e multiplica por dez o seu orzamento.
Astarot presentan o álbum 'Baixo a luz de Breogán'
Xénero:
| 5 / 5 / 2022'Astarot' levan trinta e nove anos facendo rock, e incorporaron a lingua e a cultura galega ás súas gravacións no seu terceiro traballo "Apuesta y gana" (1996), dende entón sempre foron xa un referente do rock en galego, con temas novos ou incorporando cancións populares ás sonoridades do rock metal. Neste aniversario importante a banda de Cangas do Morrazo presenta o seu noveno disco 'Baixo a luz de Breogán' (RockCd Records). O álbum contén 14 cancións, algunhas delas son cancións propias e outras melodías creadas con letras de destacados autores e escritores que compuxeron en lingua galega. Neste traballo Astarot segue os pasos dos seus anteriores traballos, pero fusionando aínda máis o son do rock con melodías celtas, para o que contaron coa colaboración de músicos como Bieito Romero e Xan Cerqueiro. Con 'Baixo a Luz de Breogán' a banda quixo render homenaxe a autores que marcaron a literatura en lingua galega como Rosalía de Castro, Xela Arias, Federico García Lorca ou Celso Emilio Ferreiro, entre outros.
Un total de 46 salas reparten as axudas para modernizar as súas instalacións
Xénero:
| 5 / 5 / 2022Vinte e seis espazos privados e vinte públicos reparten 1,2 millóns de euros da convocatoria das axudas que realizou a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para mellora das infraestruturas de artes escénicas e musicais. A entidade facía pública onte a resolución da primeira xeira destas subvencións, que se financian cos fondos Next Generation e prevén continuar cunha segunda convocatoria a finais deste mesmo ano.
Blanco Palamera espallan 'INTIMIDADE' co seu novo disco
Xénero:
| 4 / 5 / 2022Despois das 'Promesas'(Raso estudio, 2019) coas que acadaron atención e boas críticas ao dúo compostelán Blanco Palamera xa lle tocaba dar algo máis aos seus seguidores, que non son poucos. 'INTIMIDADE' (Raso estudio , 2022) así, con maiúsculas, é o seu segundo traballo co que pretenden deixar claro en que consiste a proposta do "novo pop". Manu Blanco e Xoán Domínguez presentan en 11 cancións un repertorio cálido de melodías elegantes con texturas sensuais entre o funk, o tropicalismo, a electrónica, o groove e o R&B. Temas sempre con carga de intimidade, coherentes co título do álbum, e honestidade, que xogan co murmurio como proposta vocal e que ofrecen pílulas musicais que van dos menos de dous minutos de 'Adentro' ou 'Con los Angelitos', un arrolo, aos case seis minutos de 'Cando duele', co que pechan este traballo. A 'INTIMIDADE' de Blanco Palamera atoparase xa co seu público este mesmo 13 de maio na sala viguesa La Fábrica de Chocolate e o día 4 de xuño en Santiago, xogando en casa, na Sala Malatesta. O disco editado por Raso estudios está dispoñible tamén nunha edición en vinilo.
O que non se escribe achega formación, música e debate Compostela
Xénero:
| 3 / 5 / 2022"Unhas xornadas de aprendizaxe e experimentación sobre o noso patrimonio sonoro, unha posta en común dos proxectos máis actuais arredor da música tradicional desde unha óptica tan propia como global. Un proxecto único que pon no foco o proceso desde o máis antigo ao máis contemporáneo". Así se presenta a segunda edición de O que non se escribe, o encontro sobre arquivos sonoros e creación contemporánea que desenvolve o groso da súa actividade en Compostela entre o 12 e o 15 de maio.