Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Blanco Palamera espallan 'INTIMIDADE' co seu novo disco

O NOVO TRABALLO DO DúO COMPOSTELáN XA ESTá NAS PLATAFORMAS DIXITAIS

Blanco Palamera espallan 'INTIMIDADE' co seu novo disco

POP | maio 4, 2022

intimidade_blancopalamera.jpg

Despois das 'Promesas'(Raso estudio, 2019) coas que acadaron atención e boas críticas ao dúo compostelán Blanco Palamera xa lle tocaba dar algo máis aos seus seguidores, que non son poucos. 'INTIMIDADE' (Raso estudio , 2022) así, con maiúsculas, é o seu segundo traballo co que pretenden deixar claro en que consiste a proposta do "novo pop". Manu Blanco e Xoán Domínguez presentan en 11 cancións un repertorio cálido de melodías elegantes con texturas sensuais entre o funk, o tropicalismo, a electrónica, o groove e o R&B. Temas sempre con carga de intimidade, coherentes co título do álbum, e honestidade, que xogan co murmurio como proposta vocal e que ofrecen pílulas musicais que van dos menos de dous minutos de 'Adentro' ou 'Con los Angelitos', un arrolo, aos case seis minutos de 'Cando duele', co que pechan este traballo. A 'INTIMIDADE' de Blanco Palamera atoparase xa co seu público este mesmo 13 de maio na sala viguesa La Fábrica de Chocolate e o día 4 de xuño en Santiago, xogando en casa, na Sala Malatesta. O disco editado por Raso estudios está dispoñible tamén nunha edición en vinilo.



datos do disco