Noticias
A música que chegou do leste
Xénero: | 24 / 6 / 2009
“Aquí temos o estereotipo de que o jazz é unha música tocada por xente de raza negra, principalmente, afroamericanos , e que se compón dunha serie de instrumentos como a trompeta, contrabaixo, o saxo, a batería, e un par de instrumentos máis” explica Baldo Martínez, o director artístico do Imaxina Sons, o festival de Jazz de Vigo. Un encontro que leva cinco anos a romper con eses tópicos exhibindo o máis vangardista e, por suposto, o lado europeo do jazz. Escoiten ben porque hoxe abre as súas portas.
New York Dolls e The Wedding Present encabezan os carteis do Cultura Quente de Caldas
Xénero: | 24 / 6 / 2009
O Festival Cultura Quente de Caldas celebrará este ano a súa duodécima edición condicionado baixo o sino da crise económica. A ausencia de patrocinadores sumada ao feito de que as axudas públicas solicitadas á Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Ministerio de Exteriores levou á Produtora Esmerarte a reducir as expectativas desta cita musical, que con 113.000 euros máis IVE procedentes do Concello de Caldas presenta un cartel de 14 propostas musicais programadas consecutivamente nun só escenario. Así o venres 10 de xullo o cartel estará encabezado polos mítico New York Dolls e tamén actuarán Igloo, Arizona Baby, os franceses Kap Bambino, os belgas Vive la Fête e o produtor inglés Jeff Automatic. No sábado 11 actuarán na Carballeira de Caldas os británicos The Wedding Present, Lagartija Nick, Facto Delafé y Las Flores Azules, os franceses Atomic Garden, Zahara, os pontevedreses Delahoja e pecharán a noite Pin&Pon Djs.
Ourense e Compostela celebran con actuacións o Día da Música
Xénero: | 19 / 6 / 2009
A celebración este domingo 21 do Día Europeo da Música deixa a súa pegada nas programacións culturais da fin de semana. Deste xeito, en Ourense celébrase o Festival Heineken, que conta con Dj Torgal, Sevigny, Elodio y los seres queridos e Lori Meyers, entre outros, nun proxecto que agrupou en dúos os participantes para facer versións inéditas. Pola súa banda no Concello de Santiago céntranse as celebracións no Casino da Cidade, onde haberá actuacións de jazz, música clásica ou folk desde as 12 da mañá ata ás nove e media da noite. No mesmo día a Praza do Toral acollerá os concertos de José Nine Cuarteto e Bakin Blues Band, e en Praterías actuará Lobalú Trío. Pola súa banda, Milladoiro celebra a data achegando un 25% de desconto a todos os discos que se mercen no seu web neste día.
A Federación de Bandas denuncia recortes no apoio da Xunta
Xénero: | 18 / 6 / 2009
O apoio económico que a Consellaría de Cultura lle viña prestando á Federación Galega de Bandas de Gaitas quedará en menos da metade do foi nos últimos anos. Así o denunciou a entidade logo de manter esta semana unha entrevista na que o conselleiro de Cultura, Roberto Varela e mais o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, sinalaron que a Xunta non cubrirá a totalidade dos gastos das actividades previstas. Os responsables de Cultura si deron o seu apoio á celebración do III Certame Galego de Bandas de Música e mais do II Concurso de Composición para estas formacións, que terán publicadas as súas bases en vindeiras datas.
Recoller cantigas da outra banda do Atlántico
Xénero: | 18 / 6 / 2009
Desde hai xa moitos anos, abondosos colectivos percorren o noso país recollendo de aldea en aldea pezas do noso legado musical. No entanto, nos últimos anos comezan a aparecer traballos que amplían moito a área de recuperación da música galega. En concreto, están de actualidade dous traballos sobre a música galega en Cuba, un país que tivo unha importancia fundamental no desenvolvemento dos nosos sons, e nos que os músicos galegos deixaron unha fonda pegada. Achegámosche unha selección de temas galego-cubanos da man do proxecto Descarga ao vivo e mais do Quinteto Monterrey.
Oito por oito
Xénero: | 16 / 6 / 2009
Dunha banda a poesía de Lois Pereiro, da outra, a música de Alexandre González. O resultado é Oito cancións para oito poemas un traballo musical que é posible grazas a unha Bolsa de Primeira Obra da Fundación Caixa Galicia. O traballo, que se presenta hoxe na sede que a entidade ten en Lugo conta coa colaboración de Xabier Deive, Lino Braxe, Antón Patiño, Mini Rivas ou Julián Hernández, entre outros. Ofrecémosche no interior da noticia catro temas completos para escoitar.
Oriol Ponsa asume a xerencia da Sinfónica de Galicia co reto da súa internacionalización
Xénero: | 16 / 6 / 2009
A Sinfónica de Galicia é unha orquestra consolidada no panorama musical estatal, e agora cómpre a súa internacionalización. Iso é o reto que lle toca a Oriol Ponsa i Martí, o novo director xerente da formación, que substitúe a Félix Palomero, nomeado hai un mes director xeral do Instituto Nacional de Artes Escénicas (INAEM). Ponsa i Marti desenvolveu a súa carreira como xestor no Teatro Liceo de Barcelona, a Orquestra Cidade de Granada e a Escola Superior de Música de Cataluña.
Quiosco: Etnofolk 12
Xénero: | 16 / 6 / 2009
A revista de etnomusicoloxía galega, Etnofolk, chega, da man da editora Dos Acordes, ao seu número 12. Desta volta, a publicación é un monográfico a cargo da Universidade Nova de Lisboa. Entre outros contidos poden atoparse artigos sobre a reinvención da danza na áfrica lusófona contemporánea, a música e danza no Centro Galego de Lisboa ou a edición da música impresa e a mediatización do fado, entre outras cuestións. O volume está dispoñible por 13 euros.
Carlos Núñez descobre Brasil
Xénero: | 15 / 6 / 2009 + AUDIO
"En Brasil atopei unha Galicia do futuro", resume Carlos Núñez a experiencia suramericana da que naceu Alborada de Brasil. O último disco do gaiteiro vigués, que sae hoxe á venda, mergúllase nos sons do xigante da lusofonía e conta con colaboracións de luxo. Lenine, Carlinhos Brown ou Adriana Calcanhotto, entre outros, suman as súas achegas ás interpretacións do galego. O proceso de elaboración supuxo para Núñez toda unha viaxe iniciática que, segundo asegura, deixará pegada na súa música e que se poderá seguir nun vindeiro documental. O propio artista explícanos ese seu descubrimento do Brasil, e achéganos unha mostra da súa música.
O Festival de Ópera homenaxeará a Alfredo Kraus e a Miguel Fleta na súa 57 edición
Xénero: | 12 / 6 / 2009
Nin Miguel Fleta nin Alfredo Kraus son coruñeses, pero a súa traxectoria artística tivo moita relación coa cidade herculina e, máis concretamente co Festival de Ópera. Por iso, a edición número 57 deste encontro organizado pola Asociación de Amigos da Ópera vai honrar as súas figuras no programa que se desenvolverá entre agosto e setembro. No cartel destaca a representación Il Puritani de Bellini, unha peza se pode ver representada moi poucas veces; Turandot de Puccini con Ainhoa Arteta e Marcello Giorani; e Parténome de Leonardo Vinci. Ademais, o programa contará con varios recitais, nos que destaca o do barítono Leo Nunci que estará acompañado ao piano con Cristina Pato.


