Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Ourense e Compostela celebran con actuacións o Día da Música

A CIDADE DAS BURGAS ACOLLE O FESTIVAL HEINEKEN

Ourense e Compostela celebran con actuacións o Día da Música

MISCELáNEA | xuño 19, 2009

imaxe non dispoñible

A celebración este domingo 21 do Día Europeo da Música deixa a súa pegada nas programacións culturais da fin de semana. Deste xeito, en Ourense celébrase o Festival Heineken, que conta con Dj Torgal, Sevigny, Elodio y los seres queridos e Lori Meyers, entre outros, nun proxecto que agrupou en dúos os participantes para facer versións inéditas. Pola súa banda no Concello de Santiago céntranse as celebracións no Casino da Cidade, onde haberá actuacións de jazz, música clásica ou folk desde as 12 da mañá ata ás nove e media da noite. No mesmo día a Praza do Toral acollerá os concertos de José Nine Cuarteto e Bakin Blues Band, e en Praterías actuará Lobalú Trío. Pola súa banda, Milladoiro celebra a data achegando un 25% de desconto a todos os discos que se mercen no seu web neste día.